14 PRESEAS DO DEPORTISTAS GALEGOS COVOCADOS PARA O TORNEO INTERNACIONAL JÓVENES PROMESAS DE LOITAS OLÍMPICAS.
5 Ouros, 3 Pratas e 6 Bronces acadaron os deportistas Galegos na súa participación no torneo internacional de Loitas Olímpicas “Jóvenes Promesas”, que tivo lugar do 29 de Abril o 1 de Maio en San Javier (Murcia).
Os deportistas que participaron convocados pola Federación Española, no Torneo Internacional foron:
– Cristina Alves (Club Ciudad de Vigo) bronce en 48 kg, Lydia Pérez Ouro en 59kg e Carmen Salgado bronce en 56kg cadete e tamén en 55 kg júnior (ambas do Club de Loita Pontevedra) e Nerea Pampín, ouro na categoría 56 kg cadete e prata na categoría 55 kg júnior e Judit Varela, medalla de ouro nas categorías 65 kg cadete e 63 kg júnior (Ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces).
– Roberto Díaz, bronce na categoría 55 kg júnior, Yago López, ouro na categoría 100 kg cadete e Carlos Yobanni, prata na categoría 58 kg cadete (Todos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Jesús Gonsálves (Club Keltoi de Vila de Cruces), e Rafael Álvarez, prata na categoría cadete 63 kg(Club San Ignacio de Vigo).
Pola súa banda a Federación Galega de Loita convocou os deportistas Omar Rodríguez, bronce en 66 kg júnior e Diego Otero, bronce en 63 kg cadete (Ambos do Club de Loita Sabarís).
Agora todos os deportistas permanecerán concetrados do 1 ó 6 de Maio, nas instalacións do C.T.D. Infanta Cristina de Murcia, convocados co equipo nacional. A concentración internacional, terá como obxectivo definir as diferentes seleccións nacionais que acudirán os campionatos de Europa e do Mundo das categorías cadete e júnior.
Sen comentarios