A loita libre olímpica, loita libre deportiva ou simplemente loita libre é un deporte no cal cada participante intenta derrotar o seu rival sen o uso de golpes.

O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer ó opoñente ó chan e mantendo ambos os dous ombros do rival fixos sobre o tapiz o tempo suficiente para que o árbitro se asegure disto, ou gañando por puntuación mediante a valoración das técnicas e accións conseguidas sobre o adversario.

O termo «libre» que denomina á modalidade refírese en que, a diferenza da loita grecorromana onde non pode utilizar activamente as pernas nin atacar as do rival, na loita libre as pernas son un elemento máis do ataque e a defensa. É dicir non hai restricións.

Por outra parte o termo «olímpica» utilízase para diferenciala da loita libre americana, tamén coñecida como Loita libre profesional. A variante feminina desta modalidade denomínase Loita Libre Feminina ou simplemente loita feminina. A estas 3 modalidades de loita denomínaselles loitas olímpicas xa que están presentes nos Xogos Olímpicos.

Categorías de peso e edad

  •  7 categorías de peso séniors [+18]
    57 kg; 65 kg; 74 kg; 86 kg; 97 kg; 125 kg
  • 8 categorías de peso xuvenil [17 a 20]
    59 kg; 66 kg; 75 kg; 85 kg; 98 kg; 130 kg
  • 10 categorías de peso cadetes [15 a 17]
    39-42 kg; 46 kg; 50 kg; 54 kg; 58 kg; 63 kg; 69 kg; 76 kg; 85 kg; 85-100 kg
  • 10 categorías de peso escolares [13 a 15]
    29-32 kg; 35 kg; 38 kg; 42 kg; 47 kg; 53 kg; 59 kg; 66 kg; 73 kg; 73-85 kg

Cada combate está dividido en 3 períodos de 2 minutos cada un, cun descanso entre eles de 30 segundos.

Existen principalmente 2 formas de gañar un combate:

Por toucado: cando un loitador mantén controlado coas dúas omoplatas sobre o tapiz ao seu adversario, o tempo suficiente para que o corpo arbitral o constate. Non importa o marcador.
Gañando 2 dos 3 períodos. Se un loitador gaña os dous primeiros períodos, o terceiro non se disputa.

 

 

 

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>