A loita é unha das formas máis elementais de combate entre indivíduos, e remóntase á prehistoria, alcanzando xa un grande auxe na antiga Grecia, Exipto, Mesopotamia e a Índia. É un dos deportes máis completos, posto que por unha parte, permite o desenvolvemento de todos os músculos do corpo e ademáis, requiere traballo cerebral para executar presas, contrapesas, paradas, etc. sendo un deporte que nos obliga a desplegar unha grande forza muscular, pero ca particularidade con respecto a outros deportes de non descompensar a morfoloxía do deportista, posto que ningún músculo predomina sobre outro.

Pankration_panathenaic_amphora

Parece ser que os primeiros indicios que temos de este deporte datan duns 5000 anos A.C., según indican unhas excavacións que o arqueólogo Spencer fixo nas ruinas do templo de Carcage, en Mesopotamia, no ano 1938, onde nunha peza de bronce aparecen representados dous loitadores en acción.

Posteriormente hacia o ano 2500 A.C. nas tumbas de Beni-Hassan, nas beiras do río Nilo, esculpíronse moitas escenas de loita onde podemos ver gran parte das presas e caidas. Disto dedúcese que a loita foi introducida en Grecia, pero que procedía de Exipto e Asia.

Nos tempos mitolóxicos Anteo e Cerción sucumbiron ante Hércules e Teseo, o xigante Anteo, cando loitaba e caía non era derrotado, como o eran a xeneralidade dos loitadores, senon que era o seu punto de partida, el era o fillo da terra, e cada vez que caia e tocaba o seno materno, tomaba maiores forzas e cobraba bríos, polo que cando Hercules o derrota, faino levantándoo en vilo sen permitir que toque terra. Tamén cabe destacar a loita entre Ajax e Ulises, que escribeu Homero na Ilíada.

A loita esta incluída nos Xogos Olímpicos desde os temos máis remotos, inda que caeu en desuso durante a época dos desordes de Grecia, pero cando as predicións do Oráculo de Delfos restableceron os Xogos, a loita aparece pletórica na XVIII Olimpiada, sendo Eurigantes o primeiro triunfador.

escultu

Inda que os gregos non inventaron a loita, si a reglamentaron, e durante a evolución histórico-deportiva, realizáronse dous tipos de loita: Vertical e Horizontal.
Loita Vertical: Na que os contendentes tentaban derrubarse, proclamándose vencedor o primeiro que lograse derrubar ao seu adversario tres veces.
Loita Horizontal: Iniciábase de pe, e continuábase no chan cando algún dos contendentes perdía o equilibrio. Para ser vencedor era preciso que durante o transcurso da pelexa lograse colocar ao adversario tres veces de costas ao chan.

Cando ambos xeitos de loita se chegaron a simultanear estableceuse a segunda das descritas coma Modalidade Específica, reservándose a aoutra como Especialiade Integradora nas competicións conxuntas do pentatlón.

Todos os procedementos técnicos de presas e contras que se aplicaban nun combate debían ser coidadosamente ensaiados baixo a dirección do “pairotrigo”, como nos confirma un papiro do Século II despois de Cristo.

Entre os loitadores máis destacados da antigüidade cabe destacar a: Hipóstenes de Esparza, Amesinas de Barce e Milón de Crotona, este último obtivo 32 victorias nos Xogos Olímpicos.

A loita practicouse durante a idade media, e no Século XVI cobrou un grande auxe, producíndose encontros internacionais entre ingleses e franceses, nos que os ingleses se proclamaban campións en case todas as confrontacións. En moitas ocasións podía contarse ca presencia dos reis Enrique VIII e Francisco I. Cóntase que en certa ocasión o rei de Francia, Francisco I, irritouse tanto pola derrota dun compatriota seu que se abalanzou sobre Enrique VIII tendo que ser separados posteriormente.

No ano 1539 Fabian Von Aushemboll escribeu o Ringer Ygnis, un libro moi interesante acerca da loita, e Alberto Durero realizou 119 debuxos sobre distintas fases deste deporte.

greco

Dous estilos de loita inclúense no programa olímpico actual: Loita Grecorromana e Loita Libre Olímpica.
Loita Grecorromana: caracterízase porque os dous loitadores que compiten fano en diversas posicións, en vertical u horizontal, o obxectivo de cada un e colocar ao contrario de costas ao tapiz cunha serie de presas e durante uns segundos para que o árbitro do combate poida constatar o tocado (“touche”), o cal daría por finalizado o combate, podendo conseguir tamén a victoria por puntos, que se otorgará ao loitador que consiga a maioría dos votos do árbitro e os xuices. Unha característica especial desta modalidade é que o deportista a fin de derrubar ao contrario, debe servirse dos brazos e das mans abertas, non podendose golpear nin agarrar máis abaixo da cintura, quedando prohibido o uso de movementos e presas que causen dor, así como a utilizacion dos membros inferiores para provocar a caida do adversario.

Loita Libre Olímpica: Diferénciase profundamente da loita grecorromana, en que nesta modalidade está permitido o uso e agarre das pernas para derrubar ao contrario. A forma de combate é diferente.

Este deporte ríxeo actualmente a FILA (Federación Internacional de Loitas Asociadas), e que foi fundada no ano 1921, inda que o Baron de Cubertein no ano 1896 en Atenas, donde se celebrou a primeira Olimpiada da Era Moderna, xa engadira a Loita Grecorromana dentro dos Xogos Olímpicos, inda que nunha soa categoría (peso pesado), obtendo a victoria o loitador de nacionalidade alemana Karl Schumann. Sen embargo, nos Xogos Olímpicos de París no ano 1900, non houbo ningunha proba da loita, e nos de Saint Lous do ano 1904, a participación redúxose casi exclusivamente aos loitadores americanos, pero foron engadidas por primeira vez as disciplinas de loita grecorromana e loita libre en distintas categorías de peso.

lucha

A partires dos Xogos Olímpicos de Londres no ano 1908, estas modalidades apareceron de xeito regular no programa olímpico. Nos Xogos Olímpicos de Estocolmo no ano 1912, desapareceu momentáneamente a loita libre, gañando nos cinco pesos en loita Grecorromana os finlandeses e suecos. A primeira Guerra Mundial puxo fin a esa etepa de incipiente desenvolvemento na loita amateur.

No ano 1921 dispútase por primeira vez un Campionato do Mundo de Loita Grecorromana de Helsinki, e en 1925 organizouse a celebración dos Campionatos de Europa en Mailand (Alemania). Os anos vinte marcaron o punto culminante dos paises nórdicos na loita amateur a niver internacional.

Greco_Roman_Wrestling_1930s

No ano 1930 organizáronse os primeiros Xogos do Imperio Británico (Commonwealth) e foron celebrados en Canadá. A loita, nas suas dúas modalidades recoñecidas, foi introducida de inmediato no programa de ese evento deportivo, inda que a participación fois escasa, debido ao custo do desprazamento. Nesa época, a Loita Grecorromana era máis popular entre os especialistas e aficionados, mentres que a Loita Libre seguía unha liña máis irregular, e non se celebraban inda campionatos mundiais.

Despois da II Guerra Mundial, 27 países acudiron á chamada dos Xogos Olímpicos de Londres no ano 1948 nas dúas modalidades de loita. Destacou poderosamente a participación do loitador turco Yasar Dogu, campión olímpico do peso Welter, que iniciou unha etapa de dominio dos loitadores romanos. Esa superioridade púxose de relevo nos primeiros campionatos do mundo de loita linbre celebrados en Helsinki en 1951, onde os turcos conquistaron seis medallas de ouro e Yasar Dogu impúxose nunha nova categoría: o peso semipesado.
Nos Xogos Olímpicos de Helsinki do ano 1952, con 37 países inscritdos, prodúxose como feito relevante, a presentación dos loitadores soviéticos, ausentes ata entón en todas as competicións internacionais. A súa presencia coincideu co rechazo de catro loitadores turcos, que se inscribiron fora do prazo regulamentario. Este suceso creou unha tensa situación e os soviéticos non tiveron dificultades para conquistar seis medallas de ouro (dúas en loita libre catro en loita grecorromana).

yasar-dogu

Durante os anos cincuenta, a rivalidade entre os loitadores turcos e soviéticos foi o elemento dominante nas competicións a nivel internacional. Nos Xogos Olímpicos de Melbourne no ano 1956, os soviéticos presentaron un equipo totalmente ernovado, pero isto non lles impideu conquistar un total de seis medallas de ouro, dúas de prata e cinco de bronce, se ben, os turcos presentaron quizais o mellor loitador do torneo, Hamit Kaplan, medalla de ouro no peso pesado e quen, un ano mas tarde, conquistaría o título mundial nos Campionatos do Mundo de Loita Libre celebrados en Estambul, onde Turquía consigueu catro medallas de ouro, e a Unión Soviética dúas. Nos campionatos de loita Grecorromana do ano seguinte, os soviéticos inclinaron a balanza ao seu favor, conseguindo cinco títulos, superando a Turquía que, pola súa parte, consigueu dous. A vella supremacía dos países do norte de Europa quedou totalmente borrada. A partires dos Xogos Olímpicos de Roma no ano 1960, a tradicional rivalidade de soviéticos e turcos veuse perturbada pola aparición de novas potencias, coma Xapón, Bulgaria, Irán etc…

Nos campionatos do Mundo de 1961 revelou internacionalmente o loitador soviético Alexander Medved, que se proclamaría campión olímpico en tres edicions sucesivas, 1964, 1968 e 1972, e en categorías distintas, desde o peso semipesado, á nova división dos superestados. Medved enfrontouse ao longo da sua carreira deportiva a loitadores de 140 ou 160 Kg., e chegou ao punto máximo da sua vida como loitador cando derrotou na Olimpiada de Munich (1972) ao norteamericano Taylor de 190 Kg. de peso.

Co fin de equilibrara as competicións e facelas máis asequibles a todo tipo de loitadores, a FILA creou o ano 1969 dúas novas categorías: minimosca, de menos de 48 Kg., e superpesados, para loitadores de máis de 100 Kg. nos anos setenta, Turquía deixou de ser unha gran potencia e comezaron a destacar novas nacións, coma Corea do Norte, Alemania Oriental ou Hungría, á vez que rexurdía o poderío dos E.E.U.U. nesta especialidade. En Municho, os E.E.U.U. gañaron tres medallas de ouro tras un período de doce anos sen conquistar ningunha.
Nos xogos do Imperio Británico de 1970 celebrados en Edimburgo, rexistrouse unha circunstancia curiosa: a inscrición dun loitador indio de 12 anos chamado Prakash na categoría minimosca. Inda que a súa participación foi inicialmente rechazada Prakash foi por fin aceptado e gañou a medalla de ouro.
1976-montreal-olympic
Nos Xogos Olímpicos de Montreal en 1976, os países de Europa Oriental conquistaron 15 medallas na modalidade de Loita Grecorromana, destacando a Unión Soviética con seis medallas de ouro, dúas de prata e unha de bronce. En loita libre, os países asiáticos coma Corea e Xapón, así coma o búlgaro Issaev e o norteamericano John Peterson, evitaron en parte o monopolio das victorias dos soviéticos, se ben estes acadaron cinco medallas de ouro e tres de prata. Despois de esta Olimpiada, a supremacía da U.R.S.S. acadou o seu punto culminante sen parangón na historia da loita.

Actualmente na loita creceu en todo o mundo, hoxe en día nas finais atopámonos con deportistas de outros países aparte dos rusos: Ucranianos, Bielorrusos, Armenios, Acervaianos, etc., de antigas repúblicas da ex-Unión Soviética e tamén loitadores de Norteamérica, Cuba, Corea, Xapón, China, Irán, Turquía, Italia, Alemaia, Francia, etc…

A Federación Española de Loita fúndase no ano 1933, disputándose ese ano o 1º Campionato de España de Loita Grecorromana, celebrándose todos os anos, excepto do 1937 ao 1940, por motivo da Guerra Civil. En todos os anos que se celebrou ata o 1968, a hexemonía repartírona a Federación Castellana, con 18 Campionatos de España e Cataluña con 13 campionatos.

No ano 1970 celébraso o 1º Campionato de España de Loita Libre Olímpica, onde se ampliou a participación a outras rexións de España entrando os vascos, canarios, andaluces, valencianos, aragoneses, asturianos, murcianos e galegos.

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>