A loita grecorromana é un deporte no cal cada participante intenta derrotar o seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer ao adversario ao chan e mantendo os seus dous ombros fixos sobre o tapiz ou gañando por puntuación mediante a valoración das técnicas e accións conseguidas sobre o adversario. Está prohibido o uso activo das pernas no ataque, así como atacar as pernas do rival.

A loita grecorromana xunto á loita libre olímpica e á súa variante feminina, a loita feminina denomínaselles loitas olímpicas xa que están presentes nos Xogos Olímpicos.

A loita é un deporte moi practicado dende a antigüidade. Pero a diferenza do que se cree, en case todas as modalidades, incluída a practicada na antiga Grecia, se podía facer uso das pernas.

En 1848, un Francés de nome Exbrayat, antigo soldado de Napoleón, que tiña unha barraca de feira, institúe a norma de non realizar presas por debaixo da cintura.

Este erá a orixe da Loita grecorromana (chamada entón «Loita Francesa» ou «Lucha a mans planas»). O Italiano Basilio Bartoli foi o que lle pusó o nome de Grecorromana.

O regulamento é practicamente o mesmo para as tres modalidades de Loitas Olímpicas, coa salvidade da utilización das pernas en Loita grecorromana.

A loita dispútase sobre un tapiz cadrado de 12 x 12 metros dividido en dúas zonas. A superficie de combate é un círculo de 9 m de diámetro dividido á súa vez en dúas zonas, a zona central de loita, de cor amarela, que é un círculo de 7 m de diámetro; e a zona de pasividade, coroa exterior á zona central de 1 m de anchura e cor vermella; a superficie de protección é a área comprendida entre a superficie de combate e o límite do tapiz.

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>