A Loita Feminina ou Loita Libre Feminina é a modalidade feminina da Loita Libre Olímpica ou Loita Libre.

É un deporte no cal cada participante intenta derrotar o seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer á adversaria ao chan e mantendo os seus dous ombros fixos sobre o tapiz, o tempo suficiente para que o árbitro se asegure diso, ou gañando por puntuación mediante a valoración das técnicas e accións conseguidas sobre a adversaria.

O termo “libre” que denomina á modalidade refírese en que, a diferenza da Loita grecorromana onde non pode utilizar activamente as pernas nin atacar as do rival, na loita libre as pernas son un elemento máis do ataque e a defensa. É dicir non hai restricións. Por outra parte o termo “olímpica” utilízase para diferenciala da loita libre americana, tamén coñecida como Loita libre profesional ou catch.

A Loita feminina é olímpica dende as olimpíadas de Atenas 2004.

 

 

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>