LYDIA PÉREZ VIAXA O TORNEO INTERNACIONAL DAN KOLOV EN BULGARIA
A deportista Galega Lydia Pérez (Club de Loita Pontevedra), competirá do 24 ó 26 de Xaneiro no Torneo Internacional Dan Kolov de Bulgaria. Esta competición forma parte da súa preparación internacional.
Lydia Pérez adestra no INSEP de París, e trata de aumentar a súa participación en eventos internacionais, buscando financiación a través do seu Club, a Federación Galega de Loita e mediante patrocinadores privados.
«O nivel de adestramento no INSEP de Paris, con numerosas sparrings internacionais é brutal. Agora queda plasmar esa melloría nas competicións e facer historia cun gran resultado», afirma Lydia Pérez. O INSEP de París é un centro de referencia internacional para adestrar. Son numerosos os países que viaxan a esta instalación para preparar as súas diferentes seleccións nacionais. Polo que hay un elevado volume de sparrings o longo de todo o ano.
Esperemos que teña a mellor das sortes!
Sen comentarios