FederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSeniorTorneosXogos Olímpicos

NICOLÁS CASTRO NO STAFF DA SELECCIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO CLASIFICATORIO PARA RIO 2016

Nicolás Castro Seoane, parte a Istambul (Turquía) do 5 ó 9 de Maio, para formar parte do staff que dirixe a selección nacional de Libre Olímpica, no derradeiro torneo clasificatorio para os XXOO de Río 2016.

O técnico Chairego, acude como integrante dos seleccionadores para axudar o equipo Español na busca do pasaporte para Río 2016. 4 deportistas en Loita Grecorromana, 6 deportistas en Loita Feminina e 5 deportistas en Loita Libre Olímpica, loitarán os días 6, 7 e 8 de Maio no Bağcılar Sports Complex de Istambul.
Duas ausencias Galegas destacadas neste torneo:
Noelia Lalín Canda (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces), actual campioa de España absoluta na categoría de 75kg, viuse relegada pola elección dos seleccionadores en favor de Maider Unda, medalla de bronce nos XXOO de Londres 2012, para este último clasificatorio. E Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), tras ser membro da selección Española absoluta durante os 16 últimos anos, unha grave lesión no Torneo Internacional de París no mes de Xaneiro de este ano, provocou que teña que estar un ano no dique seco recuperándose tras a complicada operación para restañar as lesións sufridas.
Mais info en:

https://unitedworldwrestling.org/event/2nd-og-world-qualifying-tournament

Deportistas Galegos
Anterior

14 PRESEAS DO DEPORTISTAS GALEGOS COVOCADOS PARA O TORNEO INTERNACIONAL JÓVENES PROMESAS DE LOITAS OLÍMPICAS.

Equipo Nacional
Seguinte

FINALIZA A CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS EN MURCIA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>