11ª COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE DE LOITAS OLÍMPICAS
O vindeiro sábado 23 de Outubro, no pavillón municipal de Oira, en Ourense, daremos comezo as actividades lúdicas SEN CONTACTO, cunha actividade NOVIDOSA, e na que a Federación Galega de Loita e D.A. inverteu moito tempo e recursos.
Levaremos a cabo a 11ª Copa Deputación de Ourense, de Loita SEN CONTACTO, e coas medidas hixiénicas e sanitarias establecidas pola norma vixente.
Seguiremos o protocolo da Federación Galega de Loita e D.A. FISICOVID DXT GALEGO, para plantexar este novo reto.
Datos da actividade:
- Día: sábado 23 de Outubro de 2021.
- Lugar: Pavillón municipal de Oira.
- Hora das actividades de: 10:00 a 14:00 horas.
- Grupo de idade: Rapazas e rapaces de 6 a 16 anos.
- 11ª COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE DE LOITAS OLÍMPICAS, DE COMPETICIÓN ADAPTADA SEN CONTACTO.
Agardemos que sexa un éxito de participación.
Sen comentarios