Campionatos de EspañaDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaUniversitarios

A UNIVERSIDADE DE VIGO SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS.

O 29 e 30 de Abril, celebrouse en San Javier (Murcia), o primeiro CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO de Loitas Olímpicas. A Universidade de Vigo, acadou o 2º posto na categoría de Loita Libre masculina e o 2º posto en Loita Feminina. Pola súa banda a USC, acadou o 6º posto nacional en Loita Libre masculina.
O Consejo Superior de Deportes e a Universidad de Murcia, foron os organizadores de esta cita histórica do noso deporte. Galicia estivo representada polas Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela.
Os deportistas que representaron a UDV, obtiveron os seguintes resultados:
– En Loita Feminina: 8º posto para Cristina Alves Pereira en 53 kg e medalla de OURO para Noelia Lalín Canda en 75 kg. En Loita masculina: Medalla de OURO para Eliseo Permuy Soto en 70 kg, 3º posto para Pablo García García en 80 kg, 8º clasificado Ginés Martínez Vázquez en 80 kg, 3º posto para Pablo Senra Gómez en 90 kg. Como técnicos da UDV acudirán Marcos Miragaya e Pablo Pintos.
Pola súa banda a Universidade de Santiago de Compostela, fixo unha aposta para estar presente neste primeiro CEU de Loitas Olímpicas, tendo os seguintes resultados:
– 7º clasificado David Seijo Núñez en 80 kg e 2º clasificado Diego Torreiro Cao en 130 kg. Como técnico da USC acudiu Rubén Méndez Lois.

Imagen actividades centros educativos
Anterior

XOVES FORMATIVO PARA PROFESORES E ALUMNOS

Deportistas Galegos
Seguinte

14 PRESEAS DO DEPORTISTAS GALEGOS COVOCADOS PARA O TORNEO INTERNACIONAL JÓVENES PROMESAS DE LOITAS OLÍMPICAS.

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>