DeporteDeporte BaseEducación FíscaEscolarFederacionFegaloitaFormación

XOVES FORMATIVO PARA PROFESORES E ALUMNOS

Este xoves 28 de Abril, a Federación Galega de Loita e D.A. traballando en colaboración co Servizo Provincial de Deportes da SXD e co Centro de Recursos e Formación do Profesorado, levará a cabo dúas actividades formativas.

A PRIMEIRA das actividades, trátase da Xornada de XOGALOITA que foi deseñada pola Federación Galega de Loita e o Servizo de Deportes de Pontevedra da Secretaria Xeral para o Deporte, co propósito de achegar este deporte o alumnado de 4 curso de educación Primaria de 12 centros da area de Vigo.
O principal obxectivo é que a totalidade do alumnado, participe en esta actividade, durante o horario lectivo, compartido con outros compañeiros da mesma idade e curso, pero de outro centro educativo o valor da superación, do esforzo e o traballo en equipo.
A Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en Pontevedra patrocinadora desta actividade contou coa colaboración nesta ocasión do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, da Agrupación Deportiva Escolar e da Federación Galega de Loita.

A SEGUNDA das actividades desenrolarase nas instalacións do CGTD de Pontevedra, sendo unha actividade formativa para os profesores tanto de primaria como de secundaria de educación física. Severino Gómez Neira, traballará cos docentes actividades de Loita Tradicional Galega, para que sexa o propio profesorado o que teña as ferramentas necesarias para desenrolar esta actividade nas propias sesións de educación física. A formación dos formadores, permítenos espallar o coñecemento do noso deporte e manter viva unha parte da historia recente da nosa cultura tradicional.

Trofeo Kuzushi
Anterior

XXVI TROFEO NACIONAL DE LOITA KUZUSHI DE VIGO

ambas universidades
Seguinte

A UNIVERSIDADE DE VIGO SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS.

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>