Sin categoría

XXVI TROFEO NACIONAL DE LOITA KUZUSHI DE VIGO

O vindeiro sábado 30 de Abril, o pavillón municipal de Candeán en Vigo, acollerá o 26º Trofeo Nacional de Loita Kuzushi, en xornada de tarde, dende as 16:30 ata as 19:30 horas.

O Club de Loita Kuzushi de Vigo, dirixido polo deportista Olímpico en Seúl 1988 Alfredo Marcuño Martínez, organiza a 26º edición do seu prestixioso torneo, o que acudirán varios equipos de toda España. Esta competición está pensada para a promoción das categorías base e para a preparación dos deportistas da categoría absoluta de cara as vindeiras citas internacionais.

O Club con sede no Centro Cultural de Pardavila, continúa formando a deportistas de éxito, como é o caso de Sergio Turkan, actual Campión de España SUB-23 de Loita Libre Olímpica ou Miguel Masciopinto Frende, medallista nacional absoluto e varias veces internacional.

O traballo dos Clubs é fundamental para a promoción e desenrolo das Loitas Olímpicas en todos os eidos deportivos, e o Club Kuzushi é unha boa mostra de elo.

Póster
Anterior

CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO DE LOITAS OLÍMPICAS

Imagen actividades centros educativos
Seguinte

XOVES FORMATIVO PARA PROFESORES E ALUMNOS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>