ClubsDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitajúniorLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre Olímpica

CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR e ESCOLAR DE LOITAS OLÍMPICAS

O vindeiro sábado 24 de Febreiro, terá lugar no pavillón municipal de Teis, en Vigo, o campionato Galego júnior e Escolar, de Loitas Olímpicas.

Este campionato autonómico, será valedeiro para participar nas citas nacionais do mesmo grupo de idade. Ano tras ano, son mais os deportistas que acuden a estas convocatorias. Esta competición de carácter autonómico, enfrontará os mellores deportistas Galegos das catro provincias Galegas, que representarán os 15 mellores Clubs.

Preto de un cento de deportistas competirán nas 3 modalidades Olímpicas, postan en liza: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Feminina.

O campionato pode levarse a cabo grazas o Club San Ignacio de Vigo, que participa como coorganizador de este evento, sendo unha referencia como Club, a nivel nacional en Loita Feminina.

  • Competición día 24 de Febreiro de 10:00 a 14:00 horas.
  • Tapices: 3 tapices.
  • Lugar: Pavillón de Teis de Vigo
  • Entrega de medallas de 13.30 a 14.00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
  • Na competición Júnior, os deportistas cadetes poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Na competición Escolar, con autorización paterna e baixo a responsabilidade do adestrador, os deportistas Alevins poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
  • Cada club debe presentar un adestrador/técnico.

Agardamos que esta competición sexa un éxito de participación.

Lucha 19 11 16- -175
Anterior

JOSE CUBA VÁZQUEZ, CAMPEÓN DE ESPAÑA POR 14ª VEZ

xornada_final
Seguinte

NOVO PROTOCOLO SEGURO XOGADE: 6-16 ANOS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>