ClubsDeporteFederacionFegaloita

NOVO PROTOCOLO SEGURO XOGADE: 6-16 ANOS

Queremos informarvos do NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN en caso dos deportistas asegurados dentro do programa XOGADE de 6 a 16 anos.

PÓLIZA DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE CONTRATADA COA MÚTUA GENERAL DE CATALUNYA PARA O PROGRAMA XOGADE.

TERÁN COBERTURA:
No deporte ESCOLAR as COMPETICIÓNS de XOGADE publicadas e os ADESTRAMENTOS supervisados por persoal cualificado.
No deporte FEDERADO as COMPETICIÓNS OFICIAIS, aprobadas pola Secretaría xeral para o Deporte do calendario da Federación, e os ADESTRAMENTOS supervisados por persoal cualificado.

NON ESTARÁN CUBERTAS:
COMPETICIÓNS ORGANIZADAS POR OUTRAS ENTIDADES OU ADMINISTRACIÓNS SE NON FORMAN PARTE DO CALENDARIO OFICIAL DA FEDERACIÓN CORRESPONDENTE.

PROTOCOLO
ANTE UN ACCIDENTE DEPORTIVO EN CASO DE URXENCIA VITAL: acudir ao centro médico máis próximo e comunicar o
accidente antes de 24 horas.

EN CASO DE NON URXENCIA VITAL:
CUBRIR A COMUNICACIÓN DE ACCIDENTE PARTE (en ningún caso estarán cubertos os incidentes non notificados dentro dos 7
días desde o do accidente) A vía máis recomendable é cubrir a comunicación de accidente en https://partsport.mgc.es/ e agardar a que nos chamen para indicarnos a que centro debemos acudir (tamén poden cubrilo telefonicamente no 619 818 737 ou no 902 888 989). Se houbese algún problema para contactar coa aseguradora poderán acudir aos centros da listaxe que figura ao final deste documento e que estará publicada na aplicación de Xogade en aberto (www.deporteescolargalego.com) comunicando o accidente á aseguradora antes de 24 horas.

Tedes toda a info do seguro e de como cubrir o parte e dos centros médicos concertados aquí.

CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E ESCOLAR 2018
Anterior

CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR e ESCOLAR DE LOITAS OLÍMPICAS

tatami
Seguinte

COMEZO DOS PROCESOS ELECTORAIS DAS FEDERACIÓNS GALEGAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>