Sin categoría

JOSE CUBA VÁZQUEZ ACUDE O CAMPIONATO DE EUROPA DE LOITAS OLÍMPICAS

O deportista Jose Cuba Vázquez (Berna, 1981), acude o campionato de Europa de Loitas Olímpicas, na cidade de Kaspisk (Dagestán, Rusia), do 2 ó 7 de Maio.

O deportista pertencente o Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, competirá o sábado 5 e domingo 6 de Maio, aplicando o novo regulamento de competición dividida en dous días. A súa preparación de cara a esta cita continental está moi apurada, dado o denso calendario competitivo da selección nacional absoluta. Tendo nun periodo breve de tempo a cita continental, o torneo internacional de Sassari en Italia e os Xogos do Mediterráneo en Tarragona.

O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba en colaboración coa Federación Galega, financian a participación do deportista na cita Europea, dadas as dificultades económicas que atravesa o tecido deportivo en España. «Todos sufrimos os recortes económicos, pero colaborar de xeito directo neste caso, co maior referente en activo da Loita en Galicia, é unha cuestión de xustiza deportiva», afirma a dirección técnica da Federación Galega.

A selección Española desprazada a Rusia está formada por Levan Metreveli (BAL) en 57kg, Juan Pablo González (MUR), Taimurad Friev (BAL) en 86 kg e Jose Cuba (GAL) en 125 kg.

Agardemos que teña a mellor das sortes!

Cartel Torneo Kuzushi, 28 Abril en Vigo
Anterior

28º TROFEO NACIONAL DE LOITA CLUB KUZUSHI DE VIGO

Cartel xornada final liga 2018
Seguinte

200 NEN@S PARTICIPARÁN NA XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>