Sin categoría

200 NEN@S PARTICIPARÁN NA XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS

O vindeiro sábado 5 de Maio, terá lugar no Pavillón municipal dos deportes de Vila de Cruces (Pontevedra), a XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS.

Para elo presentamos todos os datos precisos da competición:

  • Día: sábado 5 de Maio de 2018.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes de Vila de Cruces (Pontevedra).
  • Hora de chegada dos equipos: 10:00 horas.
  • Horario da competición: de 10:30 a 13:00 horas.
  • Saída dos deportistas: 13:30 horas.

Esta competición por equipos e de promoción do deporte base, acollerá a preto de 200 deportistas, pertencentes as 4 provincias Galegas, que se darán cita no pavillón municipal de Vila de Cruces, sobre 6 tapices oficiais de Loitas Olímpicas de 6 x 6 metros.

A compeitición está dividida en 3 grupos de idade: Prebenxamin, Benxamín e Alevín, tanto en categoría masculina como en feminina. A dinámica da comeptición será similar os anos anteriores, con 2 ligas diferenciadas, froito das clasificacións das Xornadas Norte e Sur, onde se dirimiron os mellores equipos de cada unha, que agora terán que enfrontarse entre sí, nesta xornada final.

Destacar este ano a presenza do Club San Lorenzo (Asturias), que animado polo formato lúdico-deportivo, para a competición para os mais pequenos, se despraza coas súas categorías base para participar en Vila de Cruces. O modelo Galego de competición de deporte base, está moi ben valorado a nivel nacional, como amosa o interés de varias CCAA en participar na nosa liga. Seguimos crecendo pouco a pouco, paso a paso.

Tras os resultados das xornadas previas, a competición quedará dividida do seguinte xeito:

COMPETICIÓN DO 1º ó 6º POSTO:

  • Club de Loita San Ignacio de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club de Loita El Castro, Club Keltoi de Vila de Cruces, Escola Ayude de Melide e Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.

COMPETICIÓN DO 7º ó 15º POSTO:

  • Club de Lucha San Lorenzo (AST), Club de Loita Kuzushi de Vigo, Club de Loita do Morrazo, Club de Loita Rábade, Club Stellae de Santiago de Compostela, Club de Loita Atila de Ourense, Club de Loita Pontevedra, Club de Loita A Cambadela de A Estrada, Club de Loita Sabarís de Baiona e Club de Loita Lugo.

Agardamos que sexa unha festa para o deporte base.

Lucha 19 11 16- -175
Anterior

JOSE CUBA VÁZQUEZ ACUDE O CAMPIONATO DE EUROPA DE LOITAS OLÍMPICAS

cartel liga rianxo
Seguinte

LIGA DE GRAPPLING EN RIANXO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>