GRACIELA SÁNCHEZ ADESTRA UNS DÍAS NO CGTD
A deportista Balear, Graciela Sánchez, actual campioa de España na categoría sénior en 55 kg, pasa uns días adestrando no CGTD de Pontevedra as ordes de Alexander Kachelaev e Marcos Miragaya.
A inclusión de novos deportistas nos adestramentos diarios do CGTD axudan a mellorar o desempeño dos deportistas becados no CGTD. A estas actuacións seguiranlle outras, na mesma liña de traballo, de cara a preparar os campionatos de España sénior e cadete que organizamos na cidade de Pontevedra para o 25 de Marzo.
A boa relación entre os deportistas Galegos e os Baleares, así como a de ambas Federacións, posibilitan este intercambio deportivo para a mellora dos deportisas. Debemos recordar, que o deportista Galego Damián Iglesias (Club de Loita Touro), leva toda esta tempada como deportista becado no CTD Illes Balears de Palma de Mallorca.
Estas son as actividades previas a concentración que teremos no CGTD de Pontevedra dende o 24 ata o 28 de Xaneiro con parte do equipo nacional de Loitas Olímpicas, para formar os nosos deportistas.
Sen comentarios