Campionatos de EspañaDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSenior

REUNIÓN DE TRABALLO NO CONCELLO DE PONTEVEDRA: CTO. DE ESPAÑA SÉNIOR e CADETE

O mércores 11 de Xaneiro a Federación Galega de Loita e a Federación Española de Loita, tiveron unha reunión conxunta no Concello de Pontevedra, para organizar o Cto. de España sénior e cadete de Loitas Olímpicas o 24 e 25 de Marzo.

A reunión estivo presidida por Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra, e por Dona Anxos Riveiro, Concelleira de Deportes. Acudiron por parte da FELODA: Don Franciscon Iglesias, presidente da FELODA, e Luis González, xerente da FELODA. Por parte da Federación Galega de Loita estiveron presentes: Jose Luis Olazabal (Presidente da FGL), Florencio Pintos (Secretario da FGL) e Pablo Pintos (Director Técnico).

Tras a reunión, fíxose a presentación ante os medios, agradecendo a colaboración do Concello de Pontevedra, no apoio a organización de grandes eventos, como neste caso é o campioanto de España sénior e cadete de Loitas Olímpicas. Achegaranse a Pontevedra os mellores 500 deportistas de toda a xeografía nacional, e contaremos con unha infraestructura única da difusión do campionato por medio das plataformas televisivas: Marca TV, Liga 4Sports, GradaTV e NoaSportsTV.

O evento tamén conta coa colaboración da Asociación de Hosteleiros de Pontevedra, que acolleron con gran satisfacción ter durante un fin de semana na cidade a mais de medio milleiro de deportistas e acompañantes, para este campioanto de España.

Por outra banda o Concello de Pontevedra vai a postularse como sede dos Campioantos de Europa de Loitas Olímpicas, tras a reunión mantida a tres bandas: Concello, FELODA e FGLeDA, na categoría júnior para o ano 2019, sendo esta iniciativa pioneira en España. Achegar un evento no que participan durante unha semana mais de 1500 deportistas das tres modalidades olímpicas, sería un importante pulo para o noso deporte, non só a nivel local, se non que impulsaría o deporte a nivel nacional.

tatami
Anterior

RESOLUCIÓN DAS AXUDAS DGAN

Concentración Graciela Sánchez 2ª por la Dcha. web
Seguinte

GRACIELA SÁNCHEZ ADESTRA UNS DÍAS NO CGTD

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>