CadetesCampionato de EuropaClubsDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita Libre Olímpica

5 GALEGOS ACUDEN O CTO. DE EUROPA DE LOITAS OLÍMPICAS

4 deportistas Galegos becados no CGTD de Pontevedra, baixo a dirección de Alexander Kachelaev, e 1 árbitro Galego, participarán no Campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas do 17 o 24 de Xullo en Estocolmo (Suecia):
– Judith Varela (Club Keltoi de Vila de Cruces) en 65 kg Loita Femenina.
– Roberto Díaz Orosa (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 54 kg Loita Libre Olímpica.
– Carlos Yobanni García (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 58 kg Loita Libre Olímpica.
– Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo) en 69 kg Loita Libre Olímpica.

Os 4 deportistas estarán acompañados do árbitro internacional Marcos Araujo Pereira (Vigo, 1974. Pertencente o Club San Ignacio de Vigo), que está convocado como colexiado para a cita continental

Temos que destacar o esforzo económico dos 3 deportistas Galegos campións de España: Roberto Díaz Orosa e Carlos Yobanni García (ambos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo), que viaxarán o campionato de Europa coa financiación dos seus propios Clubs, así como da propia Federación Galega de Loita e D.A. Esta aposta decidida dos Clubs posibilita que Galicia sexa a comunidade con mais deportistas na modalidade de Loita Libre Olímpica na cita continental. Pola contra, Judith Varela (Club Keltoi de Vila de Cruces), viaxa convocada pola selección nacional feminina cadete, tras acadar este ano 2016 o campionato de España tanto na categoría cadete como na categoría júnior, facendo unha tempada impecable.

 

Deportistas Galegos web
Anterior

13 GALEGOS CONCENTRADOS NO CAR DE MADRID

Selección Cadete WEB
Seguinte

7º POSTO DE JUDIT VARELA NO CTO. DE EUROPA CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>