Campionato de EuropaConcentraciónFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSeniorTorneos

13 GALEGOS CONCENTRADOS NO CAR DE MADRID

13 deportistas Galegos finalizarán este vindeiro sábado 16 de Xullo a súa estadía na concentración internacional posterior o Gran Premio de España de Loita, que está tendo lugar nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Madrid.

A expedición Galega está dividida en dous grupo nesta concentración, por un lado están os deportistas que son parte da selección nacional Española absoluta de Loitas Olímpicas e por outro lado están os 4 deportistas Galegos da categoría cadete que acudirán o campionato de Europa cadete en Estocolmo (Suecia).
Os deportistas da selección nacional absoluta concentrados son: Lydia Pérez (Club de Loita Pontevedra), Noelia Lalín (Club Keltoi de Vila de Cruces), Damián Iglesias (Club Loita Touro), Nicolás López (Club Loita Lugo), Pablo García (Club de Loita Pontevedra) e o Hispano-Arxentino Catriel Pehuén (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba).
Pola outra banda os deportistas cadetes convocados pola Federación Española para participar nesta concentración previa o campionato de Europa son: Judith Varela e Nerea Pampín(ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces), Roberto Díaz e Carlos Yobanni García (Ambos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Rafael Álvares (Club San Ignacio de Vigo).
Os técnicos Galegos que están o cargo da formación durante esta dura concentración internacional son: Nicolás Castro (Vilalba, 1976. É adestrador do Club Stellae de Santiago de Compostela) e Marcos Miragaya (Vilalba, 1983. É adestrador do Club de Loita Pontevedra).
O próximo obxectivo será o campionato de Europa cadete do 17 o 22 de Xullo en Estocolmo (Suecia), o que asistirán 4 deportistas Galegos.

lucha
Anterior

POUCA SORTE PARA OS GALEGOS NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Deportistas Galegos para o Cto de Europa cadete web
Seguinte

5 GALEGOS ACUDEN O CTO. DE EUROPA DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>