CadetesCampionato de EuropaFederacionFegaloita

7º POSTO DE JUDIT VARELA NO CTO. DE EUROPA CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

Histórico 7º posto de Judit Varela (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces), no campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas, celebrado en Estocolmo (Suecia)do 17 ó 22 de Xullo.

– 7º posto para Judith Varela (Club Keltoi de Vila de Cruces) en 65 kg Loita Femenina.
– 21º posto para Roberto Díaz Orosa (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 54 kg Loita Libre Olímpica.
– 28º posto para Carlos Yobanni García (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 58 kg Loita Libre Olímpica.
– 26º posto para Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo) en 69 kg Loita Libre Olímpica.

Os 4 deportistas están becados no CGTD de Pontevedra e adestran as ordes de Alexandre Kachelaev, complementando a súa formación cos adestramentos nos seus clubs de orixen.

Judit Varela (Club Keltoi de Vila de Cruces), fixo unha competición extraordinaria dada a dificultade dos cruces na súa competición. Judit Varela venceu por superioridade técnica a Marta Pajula (EST) por 13 – 2. En segunda rolda perdeu contra Tuende Helekes (HUN, que a postre sería a campioa da categoría). Na repesca Judit venceu a Kaderiye Aksoy (TUR) os puntos. Finalmente perdeu o pase a loitar pola medalla de bronce ante Anastasiya Lavrenchuk (UKR).
Pola contra, os deportistas masculinos non tiveron a sorte agardada nesta competición, caendo todos en primeira rolda: Roberto Díaz Orosa (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 54 kg Loita Libre Olímpica non puido superar a Felice Matrullo (ITA) os puntos por 3 – 7. Carlos Yobanni García (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) non puido con Zoltan Vilhelm (HUN) os puntos por un . E Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo) caeu contra Davit Devorgyan (ARM) por 1 – 11.
Temos que destacar a medalla de bronce obtida por Ana Torres (Andalucía), na categoría de 43 kg.
A Federación nacional ten que valorar a posibilidade de que as deportistas con mellores resultados acudan o campionato do mundo cadete, dados os bos resultados obtidos.

Deportistas Galegos para o Cto de Europa cadete web
Anterior

5 GALEGOS ACUDEN O CTO. DE EUROPA DE LOITAS OLÍMPICAS

IMG_1333
Seguinte

RECEPCIÓN DO CONCELLO DE VIGO OS DEPORTISTAS OLÍMPICOS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>