CadetesClubsConcentraciónDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre Olímpica

15 DEPORTISTAS GALEGOS CONVOCADOS NA CONCENTRACIÓN NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS NO CGTD DE PONTEVEDRA

A Selección nacional escolar e cadete de Loitas Olímpicas permanecerá concentrada no CGTD de Pontevedra do 18 ó 22 de Decembro. Dos 62 deportistas convocados pola Federación Española, 15 pertencen a clubs Galegos.

Agradecer a colaboración do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, para que sexa durante esta semana o epicentro da Loita Olímpica a nivel nacional. As seleccións nacionais escolar e cadete adestrarán conxuntamente coa selección Galega de Loitas Olímpicas, na concentración nacional do 18 ó 22 de Decembro.
A boa relación entre a FELODA (Federación Española de Luchas Olímpicas y D.A.) e a FGLeDA (Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.), facilitou que esta concentración de primeiro nivel teña lugar en terras Galegas. Dende fai mais de 10 anos, Galicia non acollía ningunha actividade da FELODA.
Galicia é a comunidade autónoma que mais deportistas aporta a selección nacional escolar e cadete, amosando o bo nivel e a saúde do noso deporte. Estes deportistas concentrados en Pontevedra, son o futuro das Loitas Olímpicas.
Os adestramentos estarán dirixidos polos seleccionadores nacionis: Francisco Barcia Rodríguez e Oscar Sánchez, nos que colaborará de xeito directo Nicolás Castro (Vilalba, 1976), seleccionador de apoio nacional.
Os seleccionadores Galegos, colaborarán de xeito activo nesta concentración, sendo:
– Loita Libre Olímpica: Alfredo Marcuño, Marcos Miragaya e Alexandre Kacelaev.
– Loita Grecorromana: Rubén Méndez Lois.
– Loita Feminina: Eladio Bello Columna e Nerea Vila Fernández.

Os deportistas Galegos convocados son:
VLADISLAV ZERNOV                  CLUB STELLAE DE SANTIAGO
ROBERTO DIAZ OROSA             CLUB LOITAS OLÍMPICAS VILALBA
OMAR RODRIGUEZ                     CLUB SABARÍS DE BAIONA
JESUS GONSALVES                    CLUB KELTOI VILA DE CRUCES
DIEGO IGLESIAS                         CLUB EL CASTRO DE VIGO
ALBERTO BERMEJO                  CLUB KUZUSHI DE VIGO
CARMEN SALGADO                    CLUB LOITA PONTEVEDRA
NEREA PAMPIN                          CLUB KELTOI VILA DE CRUCES
JUDIT VARELA                            CLUB KELTOI VILA DE CRUCES
EDGAR ACUÑA                            CLUB KUZUSHI DE VIGO
RAFAEL ALVAREZ                      CLUB SAN IGNACIO DE VIGO
SERGIO VIDAL                            CLUB STELLAE DE SANTIAGO
CARLOS Y GARCIA                     CLUB LOITAS OLÍMPICAS VILALBA
XOAN LUCAS                               CLUB CIUDAD DE VIGO
MARIO TRIQUEL                        CLUB SAN IGNACIO DE VIGO

Esta actividade é unha parte fundamental na formación dos nosos deportistas, de cara a próxima tempada 2016.
Pablo Pintos, Director Técnico da FGLeDA afirma que “atraer este tipo de concentracións o CGTD, facilita que moitos dos deportistas Galegos, becados ou non no CGTD, que non están actualmente nas diferentes selección nacionais, podan beneficiarse do traballo de calidade cos seleccionadores nacionais”, “en termos económicos, é moito mais rentable, achegar a Galicia este tipo de concentracións, que desprazar a toda a selección Galega a Madrid. A idea principal e que todos os deportistas Galegos podan traballar estes días as ordes dos seleccionadores nacionais”. Por outro lado, Pablo Pintos afirma que “o retorno económico das actividades deportivas, está mais que demostrado, incidindo nun beneficio directo económico na hostelería e comercio da cidade de Pontevedra durante os 5 días de concentración”.

IMG_6053
Anterior

O CLUB GRAIÑO de A CORUÑA VENCEDOR DO CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING e MMA

greco
Seguinte

ACTIVIDADE DE INTERGRACIÓN A TRAVÉS DAS LOITAS OLÍMPICAS NA CÁRCERE DE TEIXEIRO (A Coruña)

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>