A Loita Feminina ou Loita Libre Feminina é a modalidade feminina da Loita Libre Olímpica ou Loita Libre.
É un deporte no cal cada participante intenta derrotar o seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer á adversaria ao chan e mantendo os seus dous ombros fixos sobre o tapiz, o tempo suficiente para que o árbitro se asegure diso, ou gañando por puntuación mediante a valoración das técnicas e accións conseguidas sobre a adversaria.
O termo «libre» que denomina á modalidade refírese en que, a diferenza da Loita grecorromana onde non pode utilizar activamente as pernas nin atacar as do rival, na loita libre as pernas son un elemento máis do ataque e a defensa. É dicir non hai restricións. Por outra parte o termo «olímpica» utilízase para diferenciala da loita libre americana, tamén coñecida como Loita libre profesional ou catch.
A Loita feminina é olímpica dende as olimpíadas de Atenas 2004.
Sen comentarios