Resúltame moi grato, como Presidente da Federación Galega de Loita dar a coñecer, a nosa páxina web dedicada, especialmente, a promover nos seus máis variados aspectos, os deportes da loita libre olímpica, a grecorromana e as disciplinas asociadas.
Aunque dirixida e escrita fundamentalmente por personalidades destacadas no estudo e práctica de tales deportes, este sitio pretende ser un “medio” aberto a todos cantos, ademáis dos internautas que nela busquen a mellor información, teñan algo que aportar nas disciplinas as que vai dedicada.
Desexo non olvidar neste saúdo o obrigado agradecemento a todas aquelas Institucións Autonómicas, Provinciais e Locales que, coa súa financiación e outros tipos de apoio, fixeron posible a brillante realidade que hoxe ve a luz. Quero destacar, de xeito moi especial, a Secretaria Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, particularmente empeñada no desenvolvemento e fomento das actividades deportivas na nosa Comunidade Autónoma e a súa máis exitosa proxección exterior.
Agradecer tamén o entusiasmo dos miembros da Federación Galega de Loita, sen os cales esta iniciativa no houbera sido posible.
Facendo votos para o seu maior éxito, deséxolle a www.fegaloita.es unha larga vida.
Jose Luis Olazábal Ibars