Organización da Federación Galega de Loita

A presentación e os obxectivos deste organigrama da Federación resulta novidoso, levamos xuntos moito tempo, pero so pouco mais de un ano o fronte da mesma.

A nosa organización responde a un novo sistema de traballo e de expansión do deporte, delegando moitas funcións en novos responsables de cada area da Federación.

A composición e organización da Federación, sufriu unha profunda modificación, dando un especial protagonismo os deportistas, con titulacións específicas no ámbito da actividade física, que coñecen o deporte dende o punto de vista deportivo, como competidores, e tamén dende un punto de vista máis científico, gracias a súa formación universitaria e técnica.

As liñas de traballo, unen a práctica milenaria deste deporte, cos avances mais innovadores no campo do adestramento deportivo, aumentando a presencia nos medios de comunicación e a expansión a través rede, achegando o noso traballo e unha parte da nosa cultura a todo o mundo.

Unha das premisas da nova directiva da Federación, é traballar con técnicos titulados e especializados no traballo con rapaces en idade escolar.

A Federación divídese nos seguintes apartados, cos seus responsables:

XUNTA DIRECTIVA

  • Presidente: Jose Luis Olazábal Ibars
  • Secretario: Florencio Pintos Gonzalez
  • Tesoureiro: Pablo Pintos Figueroa

PERSOAL TÉCNICO

  • Xestión económica: María Isabel González González [Licenciada en CC empresariais]
  • Dirección Técnica: Pablo Rubén Pintos Figueroa

PERSOAL DO C.G.T.D.

  • Rubén Méndez Lois [Licenciado en INEF ]
  • Marcos Miragaya Lama [Licenciado en INEF]

DISCIPLINAS ASOCIADAS

  • Área de Sambo: Andrés Senín [Adestrador Nacional de Loita]
  • Área de Loita Tradicional: Severino Gómez (Adestrador Nacional)
  • Área de Defensa Policial: Manuel Herbón Arias [Adestrador Nacional de Defensa Persoal Policial]
  • Área de Grappling e Grappling-Gi: Manuel Permuy Martínez (Adestrador Nacional)
  • Área de MMA: David Graiño Lema (adestrador Nacional)
  • Área de Krav Maga: Felipe Meana

ESCOLA GALEGA DE ÁRBITROS E XUICES

  • Angel Amor Villar [Árbitro internacional de loita]

ESCOLA GALEGA DE ADESTRADORES

  • Alfredo Marcuño Martínez (Adestrador Nacional Nivel IV).

SELECCIONADORES E ADESTRADORES:

  • Eladio Bello Columna.
  • Ángeles Álvarez Mera.
  • Jacobo Novoa Corzo.
  • Jose Maunel Ayude
  • Severino Gómez Neira
  • Iván Castro Seoane.
  • Noelia Lalín Canda.
  • Pablo García García.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
SHARE

Organización