Sin categoría

III COPA DE GALICIA DE LOITAS OLÍMPICAS

O pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra, acollerá este vindeiro sábado 28 de Xaneiro, os campionatos:

  • III COPA DE GALICIA de Loitas Olímpicas. Sénior, U17 e U15: de Loita feminina, libre olímpica e grecorromana.

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte e Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, organizarán este campionato Galego con un total de 198 inscricións para todos os campionatos.

A burbulla da Federación Galega de Loita e D.A. ten en Pontevedra, a súa segunda competición organizada en Galicia neste ano 2023.

En total haberá 20 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico, e participarán na III COPA de Galicia, as seleccións de Asturias e País Vasco, que escolleron esta competición, como parte da súa preparación de cara os campionatos de España de Loita.

Estes campionatos serán unha proba selectiva, para participar nos campionatos de España deste ano 2023: Que se disputarán en Carmona (Sevilla) do 10 ó 12 de Febreiro.

A competición de LOITAS OLÍMPICAS desenrolarase en xornada de mañá para as categorías U17 e U15, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta.

A competición absoluta, será en xornada de tarde, de 16:00 ata as 20:00 horas.

Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten, sendo Galicia un referente a nivel nacional no deporte feminino.

Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirán esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 10 x 10 metros, cos novos valores do arbitraxe Galego. De este xeito, poden avaliar o nivel dos colexiados que acudirán os vindeiros campionatos de España, representando a Galicia.

Por último, agradecer a inestimable colaboración da Deputación de Pontevedra, aberta sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo, o Club de Loita Pontevedra, o Concello de Pontevedra, e a Secretaría Xeral para o Deporte, así como os patrocinadores privados colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.

CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA
Anterior

CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA PREVIA OS CTOS. DE ESPAÑA DE GRAPPLING e GI

Seguinte

Esta é a nova máis recente

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>