CTO. GALEGO DE GRAPPLING-GI SÉNIOR e U20 NO CGTD DE PONTEVEDRA
Campionatos Galegos de Loita GRAPPLING –GI que terá lugar o día 14 de Xaneiro do 2023, no CGTD de Pontevedra, para as categorías:
- Sénior.
- júnior (U20).
O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:
- Inscrición definitiva dos equipos antes do luns 9 de Xaneiro ás 12.00 horas.
- Control de peso: de 16:00 a 16:30 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 14 de Xaneiro de 16:30 a 19:30 horas.
- ÍNSCRIPCIÓN: En la web de WRESTLINGGALIZIA.
- Tapices: 3 tapices.
- Lugar: Pavillón CGTD de Pontevedra. Rúa Padre Fernando Olmedo s/n. Pontevedra.
- Entrega de medallas de 19.30 a 20.00 horas.
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados, na suma total de puntos.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
- A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:
- Os deportistas deberán dar o peso na pasaxe oficial.
- Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
- Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.
Requisitos mínimos para unha correcta organización da competición:
- Os adestradores que acompañen os deportistas na esquina do tapiz deberán:
- Levar o control dos combates dos seus deportistas durante a competición.
- Levar o chándal do club correspondente.
- Dirixirse os deportistas, árbitros e organizadores con corrección.
- Ter preparados os deportistas durante a competición.
- Subir o podio co chándal do club para a recollida dos trofeos.
- Os delegados terán conta das:
- Reclamacións dos Clubs de cara a Federación ou o colectivo arbitral.
- Trasladar as demandas os organizadores.
- Atender as incidencias ou lesións dos deportistas do seu club durante a competición.
- Recoller ou preguntar o colectivo arbitral sobre as roldas de competición que non aparecen nas planillas.
- Os deportistas terán que:
- Competir coa vestimenta adecuada o regulamento: maillot e botas de loita.
- Estar preparados para cando son chamados a competir.
- Non poden dirixirse nas protestas os árbitros ou xuíces, terá que ser o seu adestrador quen faga esta reclamación.
- Subir o podio co chándal do club o que representan.
Sen comentarios