A Federación Galega de Loita e D.A. está a levar a cabo a campaña de promoción das loitas olímpicas, na que se achega o deporte os centros educativos. Neste caso a introdución os deportes tradicionais de adversario, faise mediante unha sesión práctica no centro educativo a través de “xogos introdutorios os deportes de agarre individuais de oposición directa”. As actividades están adaptadas o currículo da etapa educativa na que se leve a cabo a actividade [primaria e secundaria].
¿En que consiste a actividade?
Actividade gratuíta, de carácter puntual [levase a cabo durante unha mañá no centro educativo ou pode ampliarse en función da solicitude do departamento de educación física], en horario lectivo e con profesionais de apoio* e material externo o centro educativo.
Solicitude [SOLICITUDE.PDF] da actividade por parte do centro educativo: O centro educativo solicita a actividade a través do mail info@fegaloita.es , fax: 986247521 ou tlf: 986247519.
Nunha mañá, realizamos sesións participativas de duración variable nas que os rapaces e as rapazas realizan xogos e actividades introdutoria. Deste xeito, cada clase só ve interrompida a súa rutina diaria, durante a duración da sesión. Poden agruparse cursos para axilizar a actividade, de tal xeito que poden levar a cabo a sesión conxuntamente ata un máximo de 2 grupos o mesmo tempo [por cuestión de espazo e seguridade] sen que excedan de 35 alumnos na suma dos dous grupos.
*O persoal técnico de apoio que leva a cabo estas campañas cumpren tódolos requisitos do seguinte perfil: titulados universitarios, adestradores nacionais especialistas e teñen relación laboral coa Federación [están cubertos por un seguro de R.C.].
Sen comentarios