CAMPIONATO GALEGO U20 e U15 DE LOITAS OLÍMPICAS O 14 DE XANEIRO
CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR (U20) e ESCOLAR (U15) de Loitas Olímpicas que terá lugar o día 14 de Xaneiro do 2023, no CGTD de Pontevedra (Pontevedra).
O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:
- Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores 11 de Xaneiro ás 12.00 horas.
- Control de peso: de 9:30 a 10:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXE.
- Competición día 14 de Xaneiro de 10:00 a 14:00 horas.
- Inscrición: ZenytSports https://www.zenytsports.org/Web/WrestlingGalicia/campeonatos.php
- PESOS: AGRUPAREMOS OS PESOS DE COMPETICIÓN PARA GARANTIR QUE TODOS @S DEPORTISTAS PODAN LOITAR E TEÑAN UN NÚMERO MÍNIMO DE COMBATES.
De cara os Campionatos de España de 2023 farase a selección dos deportistas segundo o resultado, participación nas actividades complementarias (adestramentos federativos e concentracións) e peso corporal.
JÚNIOR (U20) LO: -57, -65, -74, -86, -97, -125
JÚNIOR (U20) GR: -60, -67, -77, -87, -97, -130
JÚNIOR (U20) LF: -53, -57, -62, -68, -76
ESCOLAR (U15) LO: -41 -44 -48 -52 -57 -62 -68 -75 -85
ESCOLAR (U15) GR: -41 -44 -48 -52 -57 -62 -68 -75 -85
ESCOLAR (U15) LF: -39 -42 -46 -50 -54 -58 -62 -66 -70
- Tapices: 3 tapices.
- Lugar: Polideportivo do CGTD.
- Entrega de medallas de 13.30 a 14.00 horas.
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
- Na competición JÚNIOR (U20) (nados no 2003, 2004 e 2005), os deportistas CADETE (U17) (nados no 2006 e 2007) poderán participar, coa responsabilidade do seu adestrador/a e con autorización do pai/nai co obxectivo de mellorar á súa formación.
- Na competición ESCOLAR (U15) (nados no 2008 e 2009), os deportistas ALEVÍN (U13) (nados no 2010 e 2011) poderán participar, coa responsabilidade do seu adestrador/a e con autorización do pai/nai co obxectivo de mellorar á súa formación.
- Aínda se algún deportista non tivera combates, trataremos de agrupar os pesos fóra de competición co fin de mellorar a súa preparación de cara os Campionatos de España.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados DEBEN TER LICENZA EN VIGOR na presente tempada da mutualidade 2022-2023
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
- A Federación Galega de Loita e D.A. non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:
- Os deportistas deberán dar o peso na pesaxe oficial.
- Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
- Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.
Requisitos mínimos para unha correcta organización da competición:
- Os adestradores que acompañen os deportistas na esquina do tapiz deberán:
- Levar o control dos combates dos seus deportistas durante a competición.
- Levar o chándal do club correspondente.
- Dirixirse os deportistas, árbitros e organizadores con corrección.
- Ter preparados os deportistas durante a competición.
- Subir o podio co chándal do club para a recollida dos trofeos.
- Os delegados terán conta das:
- Reclamacións dos Clubs de cara a Federación ou o colectivo arbitral.
- Trasladar as demandas os organizadores.
- Atender as incidencias ou lesións dos deportistas do seu club durante a competición.
- Recoller ou preguntar o colectivo arbitral sobre as roldas de competición que non aparecen na lista de combates.
- Os deportistas terán que:
- Competir coa vestimenta adecuada o regulamento: maillot e botas de loita.
- Estar preparados para cando son chamados a competir.
- Non poden dirixirse nas protestas os árbitros ou xuíces, terá que ser o seu adestrador quen faga esta reclamación.
- Subir o podio co chándal do club o que representan.
Sen comentarios