LYDIA PÉREZ TOURIÑO CONCENTRADA EN HELSINGBORG (SUECIA)
A deportista Pontevedresa, becada no grupo de rendemento do CGTD de Pontevedra, e que adestra as ordes de Marcos Miragaya, permanecerá concentrada en Suecia, do 1 ó 15 de Febreiro, como parte da súa preparación de cara os Calsificatorios para Tokio 2021.
Esta actividade, pode levarse a cabo grazas a financiación da Federación Galega de Loita e D.A. da Federación Española e do seu club. Os contactos internacionáis, son moi necesarios, para que nos permitan facilitar os adestramentos de Lydia Pérez. Ela é a única deportista Española, presente nesta concentración do equipo Sueco, onde está adestrando con numerosas medallistas Europeas, Mundiáis e Olímpicas. Lidya Pérez, puido acceder o grupo burbulla de adestramento, tras superar os protocolo de test e controles esixidos, un auténtico privilexio, nesta época de pandemia mundial.
Lydia Pérez, terá un duro mes de Febreiro, no que permanecerá concentrada 15 días en Suecia, e directamente viaxará coa selección Española a Kiev (Ucrania), para participar do 16 de Febreiro o 1 de Marzo, nunha concentración e competición internacional.
Agardemos que teña a mellor das sortes!!!!
Sen comentarios