DeporteLoita GrapplinSeniorTorneos

O CLUB GRAIÑO de A CORUÑA VENCEDOR DO CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING e MMA

O Pavillón municipal Pablo Herbello de Bueu, acolleu o pasado sábado 12 de Decembro en xornada de 10:00 a 14:00 horas, o Campionato Galego de Grappling e MMA.

A Federación Galega de Loita e D.A. en colaboración co Club de Loita do Morrazo, organizaron este campionato Galego absoluto das modalidades de Grappling e MMA, tanto na categoría masculina, como en categoría feminina, contando coa inestimable colaboración do Concello de Bueu, moi vencellado ó deporte.
Cada vez son mais os deportistas que participan en estes campionatos, tendo unha especial relevancia o aumento de practicantes femininas.
Este foi o primeiro campionato que se celebrou, tras os grandes cambios introducidos no regulamento por parte da Federación Internacional de Loita (UWW), o que fixo que a competición fose moito mais esixente, tanto para os deportistas, como para os árbitros na aplicación do novo regulamento.
O bo nivel amosado polos deportistas, terá unha dura proba en Febreiro de 2016, coa disputa dos campionatos de España de ambas modalidades, na cidade de Gijón (Asturias).

Clasificación equipos GRAPPLLING MASCULINO
1º. CLUB GRAIÑO TEAM DE A CORUÑA
2º. CLUB INDEPENDIENTE DE VIGO
3º. CLUB LOITA DO MORRAZO DE BUEU
4º. CLUB HISPANIO TEAM DE LUGO

Clasificación equipos GRAPPLING FEMININO:

1º. CLUB GRAIÑO TEAM DE A CORUÑA
2º. CLUB DE LOITA DO MORRAZO DE BUEU
3º. CLUB INDEPENDIENTE DE VIGO

Clasificación equipos MMA MASCULINO:
1º. CLUB GRAIÑO TEAM DE A CORUÑA
2º. CLUB INDEPENDIENTE DE VIGO
3º. CLUB LOITA DO MORRAZO DE BUEU
4º. CLUB HISPANIO TEAM

IMG_5972
Anterior

XORNADAS INTERNACIONAIS DE ADESTRAMENTO EN VILALBA

RAFA FARIÑA
Seguinte

15 DEPORTISTAS GALEGOS CONVOCADOS NA CONCENTRACIÓN NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS NO CGTD DE PONTEVEDRA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>