FederacionFegaloita

PRIMEIRO CLASIFICATORIO PARA OS XXOO RIO 2016: CTO. DO MUNDO ABSOLUTO

Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), participará esta semana no cto. Do Mundo absoluto de Loitas Olímpicas, que está tendo lugar do 7 ó 12 de Setembro en Las Vegas (EEUU).

Jose Cuba Vázquez participa coa selección nacional absoluta de Loita Libre Olímpica no campionato mundial de Las Vegas (EEUU), primeiro torneo clasificatorio para os XXOO de Río 2016. Está inscrito na categoría de 125kg, na especialidade de Loita Libre Olímpica, na que venceu en 13 ocasións o campionato de España.
Esta participación é froito dos bos resultados obtidos nos últimos torneos internacionais preparatorios para o campionato do mundo. Jose Cuba, xunto con Maider Unda, bronce en Londres 2012, son os deportistas mais veteranos, con mais experiencia e con mellor palmarés internacional da selección Española desprazada a Las Vegas.
Clasificarse neste campionato do mundo pasa por entrar entre os 6 mellores deportistas de cada categoría de peso, tan só se clasifican de xeito directo: os 2 finalistas e os 4 deportistas que loitan polas medallas de bronce (en Loitas Olímpicas temos 2 terceiros postos).
Jose Cuba debutará na competición este vindeiro sábado 12 de Setembro: as roldas clasificatorias e as eliminatorias son en xornada de mañá. A loita polos bronces e a ansiada final, enmarcanse en xornda de tarde dende as 18:30 ata as 21:30 horas (horario americano). Temos que ter en conta que son 9 horas menos que no noso país.

Carmen e Omar, primeira e terceiro pola dereita
Anterior

ÉXITO HISTÓRICO DO EQUIPO CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS NA CITA CONTINENTAL

IMG_5503
Seguinte

2ª XONADA LIGA GALEGA DE GRAPPLING e MMA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>