ÁrbitrosCampionato GalegoClubsFegaloitaLoita GrapplinMMASenior

CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING E MMA

O vindeiro sábado 16 de Novembro, terá lugar na cidade de A Coruña, o campionato Galego de Grappling e MMA no pavillón municipal de Labañou, valedeiro para participar no campionato de España das modalidades.

Información sobre o regulamento de participación no Campionato Galego das CATEGORÍAS BASE e SÉNIOR de Loita Grappling e MMA que terá lugar o día 16 de Novembro do 2019 na cidade de A Coruña.

O programa quedaría do seguinte xeito, aproximadamente:

  • Pesaxe dos deportistas o Sábado día 16 de Novembro de:
    •  9:00 a 9:30 horas: categorías base e sénior de Grappling. Deportistas absolutos (Sénior) de MMA.
  • Lugar das pesaxes: no Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña) lugar da competición.
  • Data de inscrición: antes das 12:00 horas do venres 8 de Novembro de 2019.
  • Competición día 16 de Novembro:
    • Grappling:  De 10:00 a 13:30 horas. Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
    • MMA: De 16:00 a 18:30 horas. Entrega de medallas de 18:30 a 19:00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e bronce para o terceiro clasificado.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirán medallas.
  • Tódolos participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.

 

Marcos Miragaya (izq), Nerea Pampín, Nerea Iglesias e Santiago Sánchez (Izq)
Anterior

4 GALEGOS NA CONCENTRACIÓN NACIONAL JÚNIOR EN MADRID

MMA
Seguinte

CAMPIONATO GALEGO DE MMA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>