CadetesFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita Libre OlímpicaTorneos

ÉXITO HISTÓRICO DO EQUIPO CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS NA CITA CONTINENTAL

Raquel Rama (Andalucía), subcampiona de Europa cadete na categoría de 70 kg, Omar Rodríguez (Galicia) 10º clasificado e Carmen Salgado (Galicia) 15º clasificada. Esta é a primeira medalla de prata feminina da historia do noso deporte.

 

Moi boa actuación dos deportistas Galegos no Europeo cadete: Omar Rodriguez co 10º posto na categoría de 63kg Loita Libre Olímpica e Carmen Salgado Ave en Loita Feminina 52kg. Excepcional resultado de Raquel Rama (Andalucía), acadando a medalla de prata na categoría de 70 kg.

Os deportistas que adestran no CGTD de Pontevedra, as ordes de Alexandre Kachelaev seguen a dar boas novas o noso deporte.

No caso de Omar Rodriguez, gañou en primeira rolda contra Yuri Shamusenka (Bielorrusia), para ceder en oitavos de final contra Wiktor Lejczak (Polonia). Tras esta derrota Omar non puido loitar pola repesca, polo que non puido loitar polo bronce.

No caso de Carmen Salgado, tras un ano no que non perdeu un só combate, veuse superada pola Bielorrusa Volha Auchinik, quedando afastada de calquera opción de medalla.

Ambos deportistas fixeron unha tempada para enmarcar, pero non puideron poñer un broche histrórico a súa participación no Europeo.

O seleccionador nacional cadete que dirixiu o equipo nacional, Antonio Jiménez (Andalucía), fixo unha valoración moi positiva da participación dos nosos deportistas na cita continental. Temos un futuro a curto e medio prazo con moitas expectativas de éxito.

Anterior

Carmen Salgado e Omar Rodriguez o campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas

IMG_5490
Seguinte

PRIMEIRO CLASIFICATORIO PARA OS XXOO RIO 2016: CTO. DO MUNDO ABSOLUTO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>