CadetesFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita Libre OlímpicaTorneos

Carmen Salgado e Omar Rodriguez o campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas

Hoxe están camiño de Subótica (Serbia) Carmen Salgado Ave e Omar Rodríguez Martínez, que participarán do 3 ó 8 de Agosto no Campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas, xunto coa andaluza Raquel Rama. Os tres deportistas que representarán a España no Europeo estarán dirixidos polo seleccionador nacional Antonio Jiménez.

Ambos deportistas Galegos tiveron a preparación mais axeitada de cara o Europeo, contando con adetradores de garantías como é o caso de Alexandre Kachelaev e Marcos Miragaya: Finalizaron os adestramentos do curso académico no CGTD de Pontevedra, despois permaneceron dúas semanas mais concentrados cos novos talentos no CGTD, estiveron unha semana concentrados nas instalacións da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda e por último viaxaron a Madrid o Centro de Alto Rendemento para adestrar coa selección Española absoluta. A última semana de preparación fixerona nas súas respectivas casas, buscando a maior estabilidade emocional de cara o Europeo. «Traballar con rapaces tan novos moito tempo fora da súa casa, resulta un lastre difícil de superar para rendir en óptimas condicións», afirma Pablo Pintos (D.T. da FGLeDA).

Carmen Salgado e Omar Rodriguez están becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde adestran as ordes do seleccionador Galego Alexandre KAchelaev (Moscú, 1946). En total 7 deportistas Galegos acadaron o campionato de España cadete este ano 2015, pero solo 2 viaxan a Subótica. Non é unha época facil para os deportistas mais novos, xa que 5 de eles, teñen que quedar fora do Europeo por motivos técnicos: ben sexa por aspecto económicos ou polos resutlados acadados nas últimas citas internacionais. Ben é certo, que con este talento deportivo, non tardaremos en ter algún bo resultado internacional.

 

Omar Rodríguez y Carmen Salgado

Anterior

Jose Cuba 7º clasificado no Torneo Internacional Ziolkowski en Varsovia

Carmen e Omar, primeira e terceiro pola dereita
Seguinte

ÉXITO HISTÓRICO DO EQUIPO CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS NA CITA CONTINENTAL

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>