O CLUB CIUDAD DE VIGO GAÑA O CTO. ALADS DE LISBOA
O Club de Loita Ciudad de Vigo, gaña o torneo ALADS de Loitas Olímpicas celebrado en Lisboa.
A entidade presidida por Jose Manuel Pérez Sousa, ven de gañar o Torneo ALADS de Lisboa de Loitas Olímpicas, celebrado este pasado sábado 12 de Novembro.
Esta importante cita do calendario deportivo da federación Portuguesa, tivo un gañador Galego, que continua coa racha de vitorias dos clubs Galegos en terras Lusas.
O Club afincado en Vigo, acadou numerosas preseas en todas as categorías de peso, tanto en loita masculina como en feminina, o que o aupou o primeiro posto na clasificación final por clubs.
Agora toca continuar co traballo de cara as citas autonómicas e estatais de Loitas Olímpicas.
Sen comentarios