CGTDConcentraciónFederacionFegaloitaLoita Feminino

LYDIA PÉREZ CONCENTRADA NO CTD PALMA DE MALLORCA

A deportista Lydia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra), permanecerá concentrada dende o 20 ata o 25 de Outubro no Centro de Tecnificación Deportiva de Palma de Mallorca, adestrando co grupo de rendemento.

A loitadora Lydia Pérez, becada no CGTD de Pontevedra dentro do grupo de rendemento, e que adestra as ordes de Marcos Miragaya, adestrará durante unha semana no CTD de Palma de Mallorca, co fin de continuar coa súa preparación de cara o Campionato do Mediterráneo que terá lugar en Madrid a finais do mes de Novembro.
O programa nacional de tecnificación deportiva, permite e facilita que os deportistas podan facer este tipo de concentracións o longo do ano, na rede de centros de tecnificación nacionais. Esta iniciativa favorece a formación dos nosos deportistas.
Por outra banda a boa relación entre a Federación Balear de Loitas Olímpicas e a Federación Galega, abre esta posibilidade para os deportistas de ambas comunidades o longo de todo o ano deportivo.
Lydia Pérez compartirá adestramentos con un dos grupos de rendemento de referencia a nivel nacional, tendo como adestradores os deportistas olímpicos Moises e Francisco Sánchez Parra, a Vicente Lillo, así como a Eusebio Capell.
Agardemos que continúen este tipo de actividades formativas o longo de esta nova tempada deportiva 2016/17.

roberto-estevez-campion
Anterior

UN OURO e UN BRONCE NO CTO. DO MUNDO MÁSTER DE LOITAS OLÍMPICAS

noelia-lalin-e-pablo-garcia-feloda
Seguinte

3 ALUMNOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO ACODEN O CAMPIONATO DO MUNDO UNIVERISITARIO.

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>