Campionato do MundoCGTDFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita Libre OlímpicaUniversitarios

3 ALUMNOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO ACODEN O CAMPIONATO DO MUNDO UNIVERISITARIO.

3 alumnos da UDV acoden o campionato do mundo Universitario de Loitas Olímpicas, que terá lugar na cidade de Corum (Turquía) do 23 ó 27 de Outubro, grazas a colaboración directa na financiación de parte dos gastos por parte da Universidade de Vigo.

A UDV é a Universidade nacional que mais deportistas aporta a selección, con un total de 3 Loitadores dos 7 deportistas que compoñen o equipo que representará a España na cita mundialista: Noelia Lalín, Eliseo Permuy e Pablo García (Universidade de Vigo), Aintzane Gorria (Universidad Politécnica de Madrid), Alejandro Cañada (Universidad de Jaén), Adrián Fortún (Universidad Complutense de Madrid), Carlos Gilabert (UNED).
Os alumnos que viaxan o campionato do mundo, teñen unha dilatada carreira deportiva, e todos formaron parte dos distintos equipos nacionais de Loitas Olímpicas.

Os tres deportistas Galegos son:
Noelia Lalín Canda (Club Keltoi de Vila de Cruces), rematou os seus estudos na Facultade de Fisioterapia do campus de Pontevedra e continua cursando un MASTER para completar a formación. Obtivo o premio a excelencia deportiva outorgado pola da UDV. Participará na modalidade de Loita Feminina no peso de 75 kg. Noelia é a actual campioa de España absoluta na súa modalidade de peso e estivo concentrada co equipo preolímpico nacional para Río 2016.
Eliseo Permuy Soto (Club Keltoi de Vila de Cruces), rematou neste 2016, os seus estudos na Escola Universitaria de Enfermería no campus de Pontevedra. Obtivo o premio a excelencia deportiva outorgado pola da UDV. Participará na modalidade de Loita Libre Olímpica no peso de 65kg.
Pablo García García (Club de Loita Pontevedra), está no 2º curso da na Facultade de Fisioterapia no campus de Pontevedra. Obtivo o premio a excelencia deportiva outorgado pola da UDV. Participará na modalidade de Loita Libre Olímpica no peso de 70kg.

Os tres deportistas da UDV, xa participaron no ano 2014 no campionato do Mundo Universitario en Pecs (Hungría) grazas a axuda económica da Universidade de Vigo, destacando o 5º posto acadado por Noelia Lalín Canda, 10º posto de Pablo García e 13º posto de Eliseo Permuy.
A colaboración entre os distintos estamentos con competencias no eido deportivo é fundamental e decisiva para que a carreira deportiva de calquera deportista e mais concretamente dos Loitadores, sexa o mais lonxeva e produtiva posible. A colaboración decisiva da UDV, da Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. e da Federación Española facilita que estes alumnos/deportistas poidan estar presentes o longo dos anos en 2 campionatos do mundo Universitarios: Noelia Lalín, Pablo García e Eliseo Permuy son os únicos deportistas nacionais que van a estar presentes en 2 campionatos do Mundo, grazas o seu traballo e esforzo, pero tamén grazas a colaboración e a aposta da administración por estes deportistas.

Agardamos que teñan a mellor das sortes na cita mundialista!

Lydia Pérez de vermello
Anterior

LYDIA PÉREZ CONCENTRADA NO CTD PALMA DE MALLORCA

alfredo-marcuno
Seguinte

HOMENAJE A ALFREDO MARCUÑO y JUÁN CARIDE EN VIGO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>