Loita Libre OlímpicaTorneos

JOSE CUBA VÁZQUEZ EN BAKÚ

O deportista Jose Cuba Vázquez, chegou ó 15 de Julio a Bakú para participar nos Xogos Europeos, na modalidade de Loita Libre Olímpica, como único representante Galego no equipo nacional.

Tras estas primeiras xornadas dos novidosos Xogos Europeos, os representantes Españois de Loita Grecorromana e de Loita Libre Feminina, tiveron unha actuación discreta, temos todas as esperanzas no combinado nacional de Loita Libre Olímpica, que comezan mañá a súa competición.

O Equipo nacional está composto por: Levan Metreveli (Baleares, 57 Kg), Yunier castillo (Cataluña, 65 Kg), Alberto Martínez (Murcia, 74 Kg), Taimuraz Friev (Cataluña, 86 Kg) e José Cuba (Galicia, 125 Kg).

O deportista chairego estivo adestrando durante estas últimas semanas con Serguey Priadum, sparring Ucraniano, subcampión de Europa de Loita Libre Olímpica, contratado polo Club de Loitas Olímpicas de Vialba para afinar a preparación para esta cita.

Os Xogos Europeos forman parte do longo periplo da preparación de Jose Cuba, de cara o primeiro campionato clasificatorio para os Xogos Olímpicos de Rio 2016. O campionato do mundo de Las Vegas (EEUU) do próximo mes de setembro será o primeiro torneo clasificatorio para Rio 2016.

cuba
Anterior

COMEZA A DURA PREPARACIÓN PARA OS XOGOS EUROPEOS EN BAKÚ 2015

de
Seguinte

ACHEGANDO O COÑECEMENTO DO RENDEMENTO OS CENTROS EDUCATIVOS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>