A Federación Galega de Loita e D.A. nun proxecto piloto, achegou a valoración de parte do rendemento deportivo, como apoio dos contidos das capacidades físicas básicas na ensinanza obrigatoria

Este novidoso proxecto piloto no que colaboran a Universidade de Coruña, a Federación Galega de Loita e D.A. e o centro educativo Padres Franciscanos de Lugo, serviu como punto de partida para que os estudantes se achegasen dun xeito práctico os coñecementos teóricos da materia de educación física.

O grupo de investigación da Universidade da Coruña dirixido polo Dr. Eliseo Iglesias Soler e o Decano da Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte, o Dr. Xurxo Dopico Calvo, puxeron a disposición dos alumnos de secundaria material novidoso, para a valoración das capacidades físicas básicas dos deportistas, como son plataformas de contacto, acelerómetros, goniometros e un encoder lineal.

Pablo Pintos, director técnico da FGLeDA, e Juan Pablo Fernández Abuín, profesor de educación física, foron os encargados de amosar o funcionamento destes aparatos que se empregan a cotío para valorar o estado de forma e a orientación dos adestramentos do grupo de rendemento da Federación Galega de Loita.

Esta debe de ser unha das poucas veces que se empregan este tipo de tecnoloxía para facilitar o coñecemento dos alumnos da materia de educación física, xa que é un material moi custoso e difícil de atopar”, “Que un alumno sexa capaz de concretar a tempo real e nun número, grazas a tecnoloxía, unha capacidade física como é, por exemplo, a forza ou a resistencia, axuda a facilitar e moito o coñecemento das mesmas e da propia materia” afirma Pablo Pintos.

Debido a grande acollida desta iniciativa, a Federación ampliará o número de centros para o vindeiro ano deste proxecto piloto.

Anterior

JOSE CUBA VÁZQUEZ EN BAKÚ

pablo_pintos
Seguinte

A EFICIENCIA DAS FEDERACIÓNS NO CIED

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>