UN COMBINADO GALEGO ACODE O GRAN SLAM DE BRAGA, EN PORTUGAL
Galicia acode o Gran Slam de Braga de Loitas Olímpicas, que terá lugar no Pavilhão Gimnodesportivo de Mire de Tibães (Braga, Portugal), o sábado día 17 de Novembro de 2018, nas categorías de deporte base, escolar, cadete e júnior/sénior.
O combinado Galego estará formado por mais de 50 integrantes, que representarán as 4 provincias Galegas.
A principal novidade de este ano, é que se competirá nas modalidades de Loita Libre Olímpica e Loita Feminina. En anos anteriores a Loita Grecorromana era exclusiva de esta competición. En Galicia ten mais tradición e resultados a Libre Olímpica e Feminina. Esta competición serve como fase preparatoria das diferentes seleccións Galegas, de cara o vindeiro ano.
O listado completo de convocados está no seguinte enlace link.
Asisitirán Clubs da zona de Vigo e Baiona, mobilizando o resto dos seus deportistas como son o Club Ciudad de Vigo, Club El Castro de Vigo e Club de Loita Sabarís de Baiona.
Agardamos que todos eles teñan a mellor das sortes!
Sen comentarios