O deportista Ucraniano Serguey Priadum, permanecerá concentrado dende o 25 de Maio ata o 13 de Xuño, para adestrar como sparring de Jose Cuba de cara a súa preparación para os primeiros Xogos Europeos, que terán lugar en Bakú (Azerbaiján) do 10 ó 23 de Xuño.

A aposta pola preparación dos deportistas incluídos nas axudas que a Secretaría Xeral para o Deporte destina os deportistas con posibilidades de clasificarse para Río 2016, pasan por facer unha boa competición no Xogos Europeos de Bakú.

O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, en colaboración coa Federación Galega de Loita e D.A. están a traballar arreo para garantir a mellor das preparacións, neste caso, de Jose Cuba Vázquez (Vilalba, 1981).

Cuba é un dos tres Galegos que participarán nos Xogos Europeos, para elo adestra a diario co sparring Ucraniano, Serguey Priadum, vivindo ambos entre Vilalba (Lugo) e Ávila, onde Cuba ten que cumprir coas súas obrigas na Academia Nacional de Policía de Ávila.

O programa de axudas para Río 2016, chegará a todos os deportistas incluídos nel, pero de xeito específico, xa que temos deportistas incluídos nas tres especialidades Olímpicas: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Loita Grecorromana, polo que a preparación do grupo de Río 2016 será diversificada.

Pablo Pintos, director técnico da Federación Galega afirma que “levaremos os deportistas con posibilidades de clasificarse para Río 2016, as concentracións e competicións que podan garantir a mellor preparación para cada un de eles, atendendo as peculiaridades de cada unha das tres especialidades Olímpicas…”, “O primeiro paso é achegar sparrings os nosos deportistas, xa que terán que pasar todo o mes de Xullo concentrados fora: primeiro en Madrid e medio mes en Varsovia (Polonia)”.

Anterior

GALICIA CAMPIONA DO TORNEO NACIONAL REAL GRUPO CULTURAL COVADONGA DE LOITA

Seguinte

JOSE CUBA VÁZQUEZ EN BAKÚ

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>