Galicia suma outra vitoria neste ano 2015 o vencer no torneo nacional Real Grupo Cultural Covadonga de Loitas Olímpicas por equipos, que tivo lugar na cidade de Gijón este pasado sábado 6 de Xuño.

O torneo do RGCC estase convertendo ano tras ano, nunha das citas mais importantes do calendario competitivo, por que mestura dúas xornadas de formación con unha xornada de competición. Este modelo está funcionando cada vez en mais citas do calendario.

Nesta ocasión a Selección Galega venceu a competición por equipos e impúxose na categoría cadete.

Os deportistas desprazados ata Gijón foron:

CATEGORÍA CADETE:

1º clasificado, Carlos Yobanni, 3º clasificado, Roberto Díaz e 2º clasificado, Yago López (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e 1º Clasificado, Jesús Gonsalves (Club Keltoi de Vila de Cruces).

CATEGORÍA SENIOR:

CAMPIONA do torneo RGCC, composta por: Jose Martínez (Club Stellae de Santiago de Compostela), David Seijo e Rubén Méndez (Club Keltoi de Vila de Cruces), Pablo García (Club de Loita Pontevedra) e Damián Iglesias (Club de Loita Touro).

O director técnico da FGLeDA, Pablo Pintos afirma que “a colaboración directa dos clubs para poder asistir a todas as actividades do calendario deportivo deste ano 2015, é fundamental xa que aumenta o compromiso das entidades deportivas e podemos garantir actividades formativas e de nivel para os nosos deportistas”, “cada vez faise mais necesario a colaboración entre diferentes entidades, como poden ser os clubs ou a Federación Española, para levar a cabo o calendario deportivo. O noso sistema deportivo está mudando a pasos axigantados nesta época de crise, polo que temos que buscar novas vías de traballo e de financiación”.

Resultados Torneo por equipos senior

1º. Galicia
2º. Real Grupo Cultura Covadonga
3º. Madrid
4º. Asturias
5º. Navarra
6º. Burgos

Resultados Torneo individual cadete

Categoría 56 kg1º. Carlos Yobani (Gal)
2º. Oscar Izaguirre (PVasc)
3º. Roberto Díaz (Gal)
4º. Álvaro Escudero (Mad) Categoría 69 kg

1º. Jesús Gonsálvez (Gal)
2º. Gregorio Bujor (Mad)
3º. Diego Muñoz (PVas)
4º. Álvaro de la Rosa (RGCC)

Categoría 85 kg

1º. Iván Álvarez (RGCC)
2º. Yago López (Gal)
3º. Alberto Bertelez (San Lor)
4º. Borja Culebras (Mad)

Resultados Torneo individual femenino

1º.Nekane Cepas (Nav)
2º. Miren Huarte (Nav)
3º. Elena Arraiza (Nav)
4º. Ohiane Vallez (Nav)
Resultados Mejor luchador del Torneo
Pablo González (RGCC)
Loita2
Anterior

O director técnico do club skm viaxa a Xerusalén para continuar a sua formación

cuba
Seguinte

COMEZA A DURA PREPARACIÓN PARA OS XOGOS EUROPEOS EN BAKÚ 2015

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>