ConcentraciónDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSeniorTorneos

FINALIZOU A COMPETICIÓN E CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE PARIS

Os deportistas Galegos convocados pola selección nacional absoluta de Loitas Olímpicas, finalizaron a súa participación no Cto. Internacional de Paris e os adestramentos na concentración posterior o torneo.

Os resultados acadados foron: 5º de Lidia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra), 8º de Noelia Lalín Canda (Club Keltoi de Vila de Cruces), 11º de Damián Iglesias Vilela (Club de Loita Touro), 11º de Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e 14º de Sara Vieitez Mariño (Club San Igancio de Vigo).

Destacar que todos os deportistas, agás Jose Cuba Vázquez, o seu regreso participarán no Cto. de España Sub-23, o que nos da unha idea do bo traballo de alto rendemento en Galicia, tendo na selección nacional absoluta a 5 representantes e 4 de eles, con menos de 23 anos. Teñen todos un futuro prometedor. A nota negativa do campionato foi a lesión de Jose Cuba Vázquez no seu hombro esquerdo.

Nicolás Castro Seoane, que está o fronte do equipo nacional en París amósase esperanzado neste ciclo Olímpico. Todos os deportistas teñen o seu obxectivo posto en Río 2016.

carcuad_14544911791
Anterior

CTO. DE ESPAÑA SUB-23 DE LOITAS OLÍMPICAS

Selección Galega SUB23
Seguinte

4 OUROS, 2 PRATAS E 2 BRONCES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA SUB-23 DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>