FederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaTorneos

4 OUROS, 2 PRATAS E 2 BRONCES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA SUB-23 DE LOITAS OLÍMPICAS

Éxito dos deportistas Galegos desprazados a San Javier (Murcia), para participar no Campionato de España Sub-23 de Loitas Olímpicas.

Este foi o primeiro ano que se celebraron estes campionatos de España na categoría Sub-23, nunha categoría de idade que da continuidade o traballo dos deportistas da categoría júnior.
Galicia clasificouse en 3º Lugar por autonomías tanto en Loita Libre Olímpica, así como en Loita Libre Feminina.
Os resultados individuais dos deportistas foron:
Loita Libre Feminina: medallas de Ouro para: 48 kg Sara Vieitez Mariño Club San Ignacio e 58 kg Lidia Pérez Touriño Club Loita Pontevedra. Medalla de prata para Noelia Lalín Canda Club Keltoi de Vila de Cruces en 75kg.
En Loita Libre Olímpica: Medallas de Ouro para: Sergio Turkan Club Kuzuhsi de Vigo en 70kg, Damián Iglesias Vilela Club de Loita Touro en 97kg. Medalla de prata para Ramón Monasterio Portela Club de Loita Vilalba en 125kg. Medalla de bronce para Omar Rodriguez Martínez Club de Lotia Sabarís en 65kg.
Loita Grecorromana: Medalla de bronce na categoría de 130 kg para Nicolás López Gredilla Club Loita Lugo.
O obxectivo dos campións de España é acadar praza para o Cto. de Europa Sub-23, que se celebrarán en Russe (Bulgaria) a finais do mes de Marzo.
A selección Galega estará composta en:
Os árbitros convocados foron: Marcos Araujo Pereira (Club San Ignacio) e Jose Manuel Pereira (Club El Castro), que arbitraron a gran nivel. Como seleccionadores viaxaron: Alexandre Kachelaev (Adestrador CGTD), Marcos Miragaya e Rubén Méndez Lois. O delegado foi Pablo Pintos Figueroa. Todos eles amósanse moi esperanzados polos éxitos acadados. O próximo reto para todos eles, son os campionatos de España sénior e cadete, que se celebrarán o 15 de Febreiro, tamén en San Javier (Murcia)

head_ban_18.01.2016
Anterior

FINALIZOU A COMPETICIÓN E CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE PARIS

Sparring Rio 2016
Seguinte

UN SPARRING RUSO PENSANDO NO CTO. DE ESPAÑA ABSOLUTO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>