CONCENTRACIÓNS PREVIAS O GRAN PREMIO DE ESPAÑA
Estamos ante a última semana de preparación de cara o Gran Premio de España de Loitas Olímpicas. As duas concentracións internacionais coordinadas pola Federación Galega de Loita en: Pontevedra e Vilalba. Onde os deportistas Galegos convocados para o Gran Premio de España están a afinar a súa preparación.
O CGTD como eixe da concentración internacional mais numerosa: onde contamos coa presenza de deportistas das seleccións de Alemaña e Rusia, para adestrar cos novos talentos das categorías inferiores e cos deportistas do grupo de rendemento. En Vilalba, contamos coa presenza de Catriel Pehuén Muriel, como sparring de Jose Cuba Vázquez de cara o Gran Premio de España, xa que é moi compricado contar coa presenza de deportistas de nivel internacional na categoría de 125kg. Tras o 8º posto no pasado campionato de Europa de Loita, Jose Cuba atópase nun bo momento de cara o Gran Premio de España. Estas actividades poden levarse a cab0, grazas a participación e axuda dos clubs de referencia Galegos, tanto na parte organizativa como na económica: «contar coa colaboración dos Clubs, é fundamental para coordinar este tipo de iniciativas».
Agardamos que este tipo de concentracións internacionais queden instauradas no calendario da FGLeDA.
Sen comentarios