Sin categoría

8 GALEGOS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL PARA O GRAN PREMIO DE ESPAÑA

8 Galegos foron convocados para participar coas diferentes seleccións nacionais no Gran Premio de España de Loitas Olímpicas, que terá lugar en Madrid do 13 ó 15 de Xullo, no pavillón exterior do CSD de Madrid.

4 deportistas masculinos, 3 deportistas femininas e un técnico, serán os representantes Galegos na cita mais importante a nivel internacional organizada en España. Os deportistas convocados en LOITA LIBRE OLÍMPICA son: Carlos Yobani García en 65 kg (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Rafael Álvarez en 70 kg (Club de Loita San Ignacio de Vigo), Pablo García García en 74 kg (Club de Loita Pontevedra), Damián Iglesias Vilela en 86 kg (Club de Loita Touro) e Jose Cuba Vázquez en 125 kg (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba). En LOITA FEMININA as convocadas son: Lydia Pérez en 62 kg (Club de Loita Pontevedra), Nerea Pampín en 65 kg e Noelia Lalín en 68 kg (Ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces). Como seleccionador nacional SUB-23, viaxará Pablo Pintos Figueroa (Vigo, 1978).

Tras o Gran Premio de España todos os deportistas permaneceran concentrados no Centro de Alto Rendemento de Madrid ata o 21 de Xullo, nunha concentración internacional. Os obxectivos de esta concentración son afinar a preparación dos deportistas júnior de cara o Cto. de Europa júnior que terá lugar a finais de Xullo en Roma, onde 3 Galegos están convocados: Nerea Pampín, Carlos Yobani e Rafaél Álvarez.

Agardamos que teñan a mellor das sortes!

WhatsApp Image 2018-07-09 at 23.44.38
Anterior

CONCENTRACIÓNS PREVIAS O GRAN PREMIO DE ESPAÑA

eusondgan_vertical
Seguinte

JESÚS GONÇALVES PRIMEIRO LOITADOR EN UNIRSE O PROGRAMA EU SON DGAN

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>