CLINIC AUTONÓMICO DE ARBITRAXE DE LOITAS OLÍMPICAS
O vindeiro sábado 23 de Xaneiro, dende as 16:00 ata as 20:00 horas, o CGTD de Pontevedra, acollerá o Clinic Autonómico de Arbitraxe, organizado polo Colexio Galego de Árbitros e Xuíces.
A formación continua que leva a cabo a Federación Galega e o Colexio Galego de Árbitros, ten como mellor aval que ano tras ano, o colectivo arbitral segue medrando, e moitos dos nosos colexiados, xa deron o salto a categoría internacional.
Os referentes do arbitraxe Galego como son: Ángel Amor, Diego Villanueva, Marcos Araujo, Jose Manuel Pereira, Rubén Varela, Alfredo Masciopinto, Carlos Fabián Tihebaut o Catalina Soage, son algúns dos árbitros mais destacados do ámbito nacional.
Sen comentarios