ACTIVIDADE DE INTERGRACIÓN A TRAVÉS DAS LOITAS OLÍMPICAS NA CÁRCERE DE TEIXEIRO (A Coruña)
A Federación Galega de Loita e D.A. nun proxecto piloto en colaboración cos clubs de Loitas Olímpicas lucenses e a dirección de institucións penitenciarias, achegaron as Loitas Olímpicas o cetro de Teixeiro (A Coruña).
O deporte ten que ser un canalizador de valores e principios para a sociedade. A práctica deportiva ben orientada socializa e une. Estes son os pilares básicos sobre os que se ergue este proxecto piloto, de marcado carácter social e formativo.
“Unha experiencia vital que xamais esquecerei”, esta é a frase mais repetida tras a xornada deportiva aberta os reclusos do centro penitenciario de Teixeiro. 150 reclusos, tiveron a oportunidade de participar durante unha xornada de tarde dos deportistas Lucenses que se achegaron o centro para traballar con eles.
A dirección e a agrupación deportiva do centro de Teixeiro, facilitaron unha actividade que nunca antes se levara a cabo a través dos clubs de Loita ou da propia Federación.
Destacar a sensibilidade da dirección do centro, na procura de novas actividades que axuden a formación e integración dos reclusos. As actividades deportivas axudan a ter un clima mais relaxado e distendido no día a día do centro, e as actividades novidosas causan maior expectación.
A colaboración dos principais Clubs da provincia de Lugo: Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club de Loita Rábade e Club de Loita Lugo, foi decisiva para que o proxecto piloto fose un éxito.
O final da actividade, os integrantes dos talleres de manualidades fixeron dous agasallos a Federación Galega de Loita e D.A. : Unha inscrición agradecendo a actividade nun espello e unha ánfora de barro.
Realmente é unha experiencia inolvidable.
Sen comentarios