Campionato GalegoClubsEscolarFederacionFegaloitajúniorLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaXunior

CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR e ESCOLAR EN VILA DE CRUCES

O pavillón municipal de Vila de Cruces, acolle este vindeiro sábado 4 de Marzo en xornada de mañá os campionatos Galegos júnior e escolar de Loitas Olímpicas.

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Keltoi e o Concello de Vila de Cruces organizan este campionato Galego con un total de 138 inscricións para as categorías júnior e escolar, este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 14 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.
A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse.
Para continuar co impulso tecnolóxico en todas as competicións, este campionato será retransmitido en streamming, en directo, a través da plataforma de LaLiga4Sports, dende onde se poderá seguir en calquera parte do mundo.
Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán os campionatos de España representando a Galicia, o vindeiro sábado 8 de Abril, na cidade de Oviedo. Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.
Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 10 x 10 metros.
Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Vila de Cruces, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo. A Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Pontevedra, así como os patrocinadores privados colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.

Selección Galega de Loitas Olímpicas SUB 23
Anterior

RESULTADOS CTO. ESPAÑA SUB 23 DE LUCHAS OLÍMPICAS

CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA VILA DE CRUCES
Seguinte

CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA EN VILA DE CRUCES

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>