ConcentraciónEscolarFederacionFegaloitajúniorLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSenior

CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA EN VILA DE CRUCES

O pavillón municipal de Vila de Cruces, acollerá este vindeiro sábado 11 de Marzo en xornada de mañá e de tarde a concentración autonómica de Loitas Olímpicas, co obxectivo de perfilar as seleccións que representarán a Galicia nos campionatos de España.

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Keltoi e o Concello de Vila de Cruces organizan esta concentración autonómica, solicitada polos diferentes seleccionadores Galegos, das tres modalidades Olímpicas: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Loita Grecorromana.
A concentración será en xornada de mañá e de tarde, onde se traballará de forma individual nas tres modalidades Olímpicas, nas que Galicia acudirá os campionatos de España.
O principal obxectivo e conformar as diferentes seleccións Galegas, baixo os estritos criterios de traballo dos seleccionadores Galegos. Dar prioridade as categorías inferiores, asegura un bo nivel a medio prazo dos nosos equipos absolutos.
Mais de medio centenar de deportistas e 6 Seleccionadores permanecerán concentrados o sábado 11 de Marzo no pavillón municipal de Vila de Cruces, tendo como primeiro obxectivo o campionato de España sénior e cadete que terá lugar en Pontevedra o 25 de Marzo.

CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E ESCOLAR
Anterior

CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR e ESCOLAR EN VILA DE CRUCES

Lydia Pérez de Azul
Seguinte

STREAMMING CTO. GALLEGO JÚNIOR Y ESCOLAR

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>